El Niño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 19:
== Desenvolvemento do fenómeno ==
[[Ficheiro:Enso normal.png|miniatura|Patrón normal do Pacífico. Ventos ecuatoriais apilan auga máis quente cara ao oeste. A auga fría vaise cara ás costas de Suramérica. ([[NOAA]] / PMEL / TAO).]]
[[Ficheiro:Enso elnino.png|miniatura|Condicións de El Niño. A corrente de auga quente "vai cara á costa suramericana. A ausencia de movementos de auga fría incrementa o quecemento]]
 
O primeiro meteorólogo prestixioso en suxerir unha explicación razoable do fenómeno de El Niño foi [[Jacob Bjerknes]]<ref>{{cita web|url=http://www.pbs.org/wgbh/nova/elnino/reach/1969.html|autor=Nova|editorial=[[Public Broadcasting Service]]|ano=1998|dataacceso=21 de febreiro do 2016|título=1969}}</ref>, cando dirixiu unha oficina meteorolóxica para os prognósticos do tempo atmosférico anexa ao departamento de física da [[Universidade de California nos Ánxeles]] (UCLA polas súas siglas en inglés). Bjerknes fundou o departamento de meteoroloxía en devandita universidade, agora transformado no departamento de Ciencias Atmosféricas e Oceánicas. Como profesor nesta universidade, foi o primeiro en relacionar as inusuais altas temperaturas da superficie oceánica con ventos débiles do leste e as intensas choivas que acompañan esta situación e un resumo destas ideas expresouno en forma precisa o Dr. Richard T. Barber cando sinalou que '''"The ocean is clearly driving the atmosphere."''' (O océano claramente dirixe á atmosfera)<ref>Jacob Bjerknes. The Synthesizer [http://library.thinkquest.org/20901/overview_3.htm]</ref>, o cal equivale a dicir que o fluxo de enerxía na atmosfera procede principalmente (aínda que non exclusivamente, como resulta obvio) da [[hidrosfera]] (océanos e mares).
 
En 1969, Bjerknes ofreceu unha alternativa de comprensión do fenómeno coñecido como a Oscilación meridional de El Niño, ao suxerir que un quecemento inusual no Pacífico oriental podería debilitar a diferenza de temperatura (das augas) entre o leste e o oeste, desequilibrando os ventos alisios que son os ventos que empuxan as augas cálidas cara ao oeste. O resultado sería un incremento de augas cálidas cara o leste, é dicir, cara ás costas intertropicais de América do Sur.<ref>{{cita web|url=http://www.pbs.org/wgbh/nova/elnino/reach/1969.html|autor=Nova|editorial=Public Broadcasting Service|ano=1998|dataacceso=26 de setembro do 2015|título=1969}}</ref>
 
O episodio prodrómico iníciase na zona tropical do [[océano Pacífico]], preto de [[Australia]] e [[Indonesia]], e con el altérase a [[presión atmosférica]] en zonas moi distantes entre si, prodúcense cambios na dirección e na velocidade dos ventos e desprázanse as zonas de choiva na rexión tropical.
En condicións normais, tamén chamadas "condicións neutrais", na costa de América do Sur, hai unha corrente de auga fría chamada [[Corrente de Humboldt]] chea de nutrientes que circula cara ao norte; os ventos [[alisio]]s (que sopran de leste cara a oeste) acumulan unha gran cantidade de auga e calor na parte occidental deste [[océano]], na zona de [[Australia]] e [[Indonesia]]. En consecuencia, o nivel superficial do mar é aproximadamente medio metro máis alto en [[Indonesia]] causando neles humidade e precipitacións. Nas costas do [[Perú]] e [[Ecuador]], pola contra, o clima é moi seco e o nivel do mar máis baixo que o normal destas costas.<ref>{{Cita web|apelidos=Pidwirny |nome=Michael |título=Chapter 7: Introduction to the Atmosphere |obra=Fundamentals of Physical Geography |editor=physicalgeography.net |data=2 de febreiro del 2006 |url=http://www.physicalgeography.net/fundamentals/7z.html }}</ref><ref>{{Cita web|título=Envisat watches for La Nina |editor=BNSC |data=3 de marzo 2006 |url=http://www.bnsc.gov.uk/content.aspx?nid=5989 |dataacceso=26 de xullo 2007}}</ref><ref>{{Cita web|título=The Tropical Atmosphere Ocean Array: Gathering Data to Predict El Niño |obra=Celebrating 200 Years |editor=NOAA |data=8 de xaneiro de 2007 |url=http://celebrating200years.noaa.gov/datasets/tropical/welcome.html |dataacceso=26 de xullo 2007}}</ref><ref>{{Cita web|título=Ocean Surface Topography
|obra=Oceanography 101 |editor=JPL |data=5 de xullo 2006 |url=http://sealevel.jpl.nasa.gov/gallery/presentations/oceanography-101/ocean101-slide14.html |dataacceso=26 de xullo 2007}}{{Cita web|título=ANNUAL SEA LEVEL DATA SUMMARY REPORT JULY 2005 - JUNE 2006 |obra=THE AUSTRALIAN BASELINE SEA LEVEL MONITORING PROJECT |editor=Bureau of Meteorology |url=http://www.bom.gov.au/fwo/IDO60202/IDO60202.2006.pdf |format=pdf
|dataacceso=26 de xullo 2007}}</ref>
 
Simultaneamente, a diferenza na temperatura superficial do mar chega a ser duns 8° C entre ambas zonas do [[Océano Pacífico|Pacífico]]. As temperaturas "frías" preséntanse en [[América do Sur]] porque soben as augas profundas e producen un auga rica en nutrientes que mantén a [[ecosistema]] mariño. Durante o fenómeno de "[[La Niña]]" as zonas relativamente húmidas e chuviosas localízanse en Asia Suroriental, mentres que en América do Sur son relativamente secas.
 
== OSEN (Oscilación Sur-El Niño) ==