Wikipedia:Elección de administradores: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m →‎Petición de revogación por parte doutros usuarios: aclaro proceso de revogación (petición en meta)
Banjo (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{PolíticasGalipedia|WP:EA}}
{{Aviso|Esta proposta estase a votar actualmente, podes atopar a votación '''[[Wikipedia:Votacións/Wikipedia:Elección de administradores/proposta 2015|aquí]]'''. A votación comezou o 18/02/2016 e rematará o 19/03/2016}}
{{PropostasPolíticasGalipedia}}
Para ser '''[[Wikipedia:Administradores|administrador]]''' é necesario que a comunidade coñeza e confíe no bo facer dun determinado usuario, polo que se esixirá que os candidatos sexan avaliados caso a caso segundo as súas contribucións e o tempo que leven na Galipedia.
==Requisitos para ser presentado á administración==
Os usuarios de Wikipedia que cumpran os seguintes requisitos poderán presentar a súa candidatura ou ser presentados por calquera outro usuario sempre e cando se obteña o consentimento previo da persoa interesada.
*Levar máis de 8 meses inscrito na Galipedia e colaborar activamente coa comunidade (edicións [[Wikipedia:A Taberna|na Taberna]], páxinas de conversa,  [[Wikipedia:Votacións|votacións]] ou outras páxinas da Wikipedia).
*Participar de forma activa nos procesos de [[Wikipedia:Categorías|categorización]] e demostrar coñecemento e bo uso dos [[Wikipedia:Modelos|modelos]] e os [[Wikipedia:Avisos de usuario|avisos de usuario]].
*Dominar e aceptar todas e cada unha das [[:Categoría:Wikipedia:Políticas e normas|políticas da comunidade]], en especial os [[Wikipedia:Cinco piares|cinco piares]].
*Ter unha conta de correo habilitada (véxase [[Especial:Preferences|preferencias]]).
Liña 19 ⟶ 18:
A elaboración da proposta realizarase en [[Wikipedia:Votacións á administración]], pero ademais o feito deberase notificar en [[Wikipedia:A Taberna (propostas)]].
Se algún usuario ten fundadas sospeitas respecto da verdadeira identidade do candidato poderá solicitar a un [[Wikipedia:Verificadores de usuarios|verificador de usuarios]] que revise IPs e contas de usuario creadas. En caso de que se atope máis dunha conta darase a coñecer o feito na páxina de votación onde o candidato deberá explicar os motivos da existencia das múltiples contas. As contas espellismo para previr vandalismos e as contas de bot non se teñen en conta para este respecto.
==Valoración de candidaturas==
As candidaturas presentadas valoraraas a comunidade en atención ó traballo global realizado polo candidato en Wikipedia incluíndo artigos, páxinas de enciclopedia, atención a outros usuarios, labores de mantemento, mediación, discusión de políticas etc.
Consideraranse válidos os votos asinados e emitidos por [[Wikipedia:Como rexistrarse|usuarios rexistrados]] e [[Wikipedia:Usuarios autoconfirmados|autoconfirmados]], agás o voto do candidato, que cumpran os requisitos de levar 4 meses de antigüidade como usuario rexistrado e un mínimo de 700 edicións totais.
Recoméndase xustificar os votos en contra, e calquera modificación na páxina de votación realizada de forma anónima será revertida. Recoméndase encarecidamente non empregar [[Wikipedia:Monicreques|contas monicreques]] para opinar ou emitir votos, xa que non se terán en conta e considérase un comportamento disruptivo.
Se algún usuario emite máis dun voto coa mesma conta non valerá ningún deles, a non ser que risque un, pasando a contar como válido o que quede sen riscar. Calquera usuario poderá alterar o sentido do seu voto en calquera momento, borrando ou riscando ({{etiqueta|s}}) o voto previo.
A decisión sobre a aceptación ou rexeitamento da candidatura adoptarase transcorridos quince días dende a súa presentación. Os días entre o 1 de xullo e o 31 de agosto, entre o 20 de decembro e o 6 de xaneiro, e entre o Domingo de Ramos e o Luns de Pascua, non se computan. Desta maneira, unha votación que se comece o 25 de xuño rematará o 10 de setembro. Entenderase que o candidato queda aceptado se consegue un 75% de votos a favor. As decisións favorables poderán ser executadas de inmediato por calquera burócrata, quen procederá a informar o candidato e incluirá o seu nome na lista de administradores.
Se transcorrido o prazo non se logrou un consenso positivo suficiente, desestimarase a candidatura. De non resultar aprobado, o mesmo candidato non poderá volver a presentarse ou ser presentado por outro usuario ata despois de 6 meses do remate da primeira votación.
Finalizada a votación nun sentido ou outro, arquivarase a votación.
==Revogación dos permisos de administrador==
<span style="color:green>Un [[Wikipedia:Burócratas|burócrata]] fará unha petición de revogación dos permisos de administrador dun usuario en [[m:Steward_requests/Permissions#Removal_of_access|meta]] logo de se seguir un dos procedementos indicados nos seguintes apartados. En tódolos casos, ao executar unha revogación o burócrata deberá clarificar no rexistro de permisos o motivo da revogación. De ser necesario, a páxina do usuario deberá editarse para reflectir o novo estado (como por exemplo eliminando os modelos {{m|administrador}} ou {{m|admin}}).
===<span style="color:green> Renuncia propia ===
<span style="color:green>Calquera administrador pode presentar voluntariamente e por calquera motivo a súa renuncia voluntaria á administración no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos Administradores]]. Un burócrata pedirá a revogación dos seus permisos de administrador en [[m:Steward_requests/Permissions#Removal_of_access|meta]] e actualizará a [[Wikipedia:Administradores|lista de administradores]]. O resumo indicado no rexistro de permisos debe ser claro en que a retirada dos mesmos é rutineira e por petición do usuario.
Un usuario que renuncie aos permisos de administrador sen que sexa baixo circunstancias controvertidas poderá solicitar de novo os permisos no [[Wikipedia:Taboleiro dos administradores|Taboleiro dos Administradores]] nos seguintes 6 meses dende a renuncia. Un [[Wikipedia:Burócratas|burócrata]] avaliará a petición para confirmar que a renuncia se realizara en condicións normais e procederá a reasignarlle ao usuario os permisos de administrador. Logo de 6 meses dende a renuncia inicial, o usuario deberá someterse a un novo proceso de elección por parte da comunidade, propoñendo a súa candidatura ou sendo proposto de novo por outro usuario.
===<span style="color:green> Revogación por inactividade===
<span style="color:green> Enténdese a ''inactividade'' como:
<span style="color:green>Débese contactar o administrador na súa páxina de conversa e por correo electrónico unha primeira vez cando se cumpra un mes antes da revogación por inactividade, e de novo na súa páxina de conversa dous días antes de efectuar a revogación.
De non ter unha resposta que confirme a volta á actividade do administrador, un burócrata solicitará a revogación dos permisos de administrador en [[m:Steward_requests/Permissions#Removal_of_access|meta]] e actualizará a [[Wikipedia:Administradores|lista de administradores]]. O resumo indicado no rexistro de permisos debe ser claro en que a retirada dos mesmos é rutineira debido á inactividade do usuario.
Liña 58 ⟶ 56:
O procedemento consta de dous pasos: a '''petición''' e a '''votación'''.
A revogación de privilexios pódena solicitar <span style="color:green>un mínimo de tres usuarios en [[Wikipedia:Votacións á administración]]. <span style="color:green>Ao igual que no proceso de elección de administradores,  para poder participar na solicitude hai que ter unha antigüidade de 4 meses e un número mínimo de 700 edicións.
Feita a petición <span style="color:green>co mínimo de tres usuarios, ao día seguinte abrirase unha votación en [[Wikipedia:Votacións á administración]], que se deberá publicar en <span style="color:green>[[Wikipedia:A Taberna (propostas)]] e da que haberá que notificar o administrador cuestionado.
A votación durará 15 días e o resultado determinarase por maioría simple. Tanto se a petición é rexeitada como se é aceptada, arquivarase; se é aceptada, <span style="color:green>un burócrata solicitará a revogación dos permisos de administrador en [[m:Steward_requests/Permissions#Removal_of_access|meta]] e actualizará a [[Wikipedia:Administradores|lista de administradores]]. Neste caso debe solicitarse que se inclúa no resumo do rexistro de permisos a localización e resultado da votación.
Un administrador a quen se lle revogasen os seus permisos desta maneira non poderá <span style="color:green>propoñerse de novo como administrador ou ser proposto por outros usuarios até que pase un ano <span style="color:green>da revogación.
====Posibles motivos para solicitar a revogación====
Os motivos para solicitar a revogación dos permisos dun administrador poden variar e deben revisarse caso por caso. Os motivos xeralmente discutiranse na propia petición de revogación previa á votación final, achegando probas (historiais, diffs etc.) que apoien a opinión inicial expresada na petición. A petición inicial de revogación debe servir como medio para chegar a un consenso previo do ocorrido, e no mellor dos casos servirá para aclarar calquera posible malentendido ou ofensa e non ter que chegar ao proceso de votación final.
Polo xeral, os motivos máis claros para facer unha petición de revogación poden ser os seguintes:
*Atentar, sen que houbese posteriormente unha rectificación expresa do seu proceder ante a comunidade e/ou o(s) implicado(s), contra o indicado en [[Wikipedia:Normas de conduta]] e/ou [[Wikipedia:Civismo]].<span style="color:green>
*Atentar contra as políticas aprobadas pola comunidade, en especial as tres normas básicas da Wikipedia: [[Wikipedia:Punto de vista neutral|o punto de vista neutral]], [[Wikipedia:Verificabilidade|a verificabilidade]] e o feito de que [[Wikipedia:Wikipedia non é unha fonte primaria|a Wikipedia non é unha fonte primaria]].
*A reiteración nas faltas indicadas en calquera dos dous puntos anteriores.
====Proceso voluntario de reválida====
Calquera administrador que así o desexe pode declarar a súa vontade de pasar un proceso de reválida, baixo criterios propios menos restritivos que o proceso de revogación explicado anteriormente ou mediante algún tipo de proceso alternativo. Os administradores poden declarar esta vontade na lista incluída en [[Wikipedia:Elección de administradores/Administradores voluntarios ao proceso de reválida]], xunto coa descrición do proceso a seguir en cada caso.
Os termos, prazos, criterios, requisitos e proceso para a reválida decídeos e defíneos cada un dos administradores apuntados nesta páxina, de forma individual. Recoméndase que os administradores que queiran someterse a unha reválida indiquen claramente os detalles do proceso nesta lista ou nunha páxina ou subpáxina de usuario propia.
Liña 81 ⟶ 79:
Este proceso é completamente voluntario e non vinculante:
*''Voluntario'' significa que en calquera momento un administrador pode cambiar os criterios indicados para a súa reválida (agás que haxa un proceso en curso para dito administrador), declinar a súa participación no mesmo ou retirar a súa declaración de participación no proceso indicada na [[Wikipedia:Elección de administradores/Administradores voluntarios ao proceso de reválida|lista]].
*''Non vinculante'' significa que se se cumpren os criterios indicados polos administradores non se procederá a retirada dos permisos directamente como no proceso de revogación estándar. Debe ser o propio administrador o que avalíe o resultado e quen presente a súa renuncia se así o considera.
==Notas==
{{Listaref}}
{{NavPolíticas}}
==Véxase tamén==
*[[Wikipedia:Elección de burócratas]]