Boletín Galego de Literatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Fonte primaria|data=marzo de 2016}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
 
{{sencat}}
O '''''Boletín Galego de Literatura''''' (BGL) é unha revista literaria semestral que edita a [[Universidade de Santiago de Compostela]] e está dirixida por [[Anxo Tarrío Varela]], profesor da facultade de Filoloxía da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. A data de creación é 1989 e o primeiro número corresponde aos meses de xaneiro-maio. Esta publicación está redactada exclusivamente en lingua galega, exceptuando algunhas colaboracións escritas en español, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán. Nela aparecen artigos sobre crítica e historiografía de calquera literatura do mundo, ademais de traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica<ref name="Páxina web">{{cita web|url=http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/issue/archive |título=Números anteriores |editor=Universidade de Santiago de Compostela}}</ref>, etc.
 
== Nacemento e actividade ==
Liña 17:
== Colaboradores ==
 
A revista divídese en distintos apartados como Estudios, Notas, Documentos, Encontros, Bibliografías, Libros e Creación, non sempre presentes en todos os números. En canto á creación, moitos dos colaboradores son de fama recoñecida como os escritores [[Suso de Toro]], [[Uxío Novoneyra]], [[Yolanda Castaño]], [[Agustín Fernández Paz]], [[Xavier Alcalá|Xabier Alcalá]], [[Bernardino Graña]], [[Manuel María]], [[Luz Pozo Garza]], [[Claudio Rodríguez Fer|Claudio Rodríguer Fer]], Xosé Mª Álvarez Cáccamo, [[Xulio López Valcárcel|Xulio L. Valcárcel]], [[Chus Pato]], [[Xavier Queipo]], [[Luísa Villalta]] e Víctor Fernández Freixanes, entre moitos outros. Ademais, do ex-presidente da [[Real Academia Galega]], [[Xosé Luís Méndez Ferrín|X. L. Méndez Ferrín]]. En canto á sección Estudios, destaca [[Carlos Caetano Biscaínho]] con ''A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario'', [[María Lopo]] con ''A propósito do concepto de literatura bretona en lingua francesa'', [[Arturo Casas]] con ''Novos suxeitos e nova discursividade na poesía galega actual'' entre moitos outros<ref>{{Cita libro|título=Boletín Galego de Literatura|apelidos=|nome=|editorial=Servicio de Publicacións da UDC|ano=1989-2016|ISBN=|ref=}}</ref>.
 
A selección de textos, mestres o ''BGL'' foi editado en papel (1989-2012), foi realizada polos propios fundadores coa axuda do Consello Científico, seguindo criterios de calidade e oportunidade dos traballos en cuestión. A partir da versión dixital (2015-), a selección faise pola lectura de pares anónimos e os autores dos traballos poden acceder á plataforma Open Journal System para seguir o proceso.
Liña 28:
 
[[Categoría:Universidade de Santiago de Compostela]]
[[Categoría:Revistas editadas en Galicia]]