Boletín Galego de Literatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado marcador
Banjo (conversa | contribucións)
{{subst:fonte primaria}} {{subst:sen referencias}}
Liña 1:
{{Fonte primaria|data=marzo de 2016}}
{{Sen referencias|data=marzo de 2016}}
{{sencat}}
O '''''Boletín Galego de Literatura''''' (BGL) é unha revista literaria semestral que edita a [[Universidade de Santiago de Compostela]] e está dirixida por [[Anxo Tarrío Varela]], profesor da facultade de Filoloxía da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. A data de creación é 1989 e o primeiro número corresponde aos meses de xaneiro-maio. Esta publicación está redactada exclusivamente en lingua galega, exceptuando algunhas colaboracións escritas en español, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán. Nela aparecen artigos sobre crítica e historiografía de calquera literatura do mundo, ademais de traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica<ref name="Páxina web">{{cita web|url=http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/issue/archive|editor=Universidade de Santiago de Compostela}}</ref>, etc.
Liña 21 ⟶ 23:
== Difusión e impacto ==
Nos primeiros anos, o ''BGL'' levou de subtítulo “Estudios de Orientación Universitaria”, que abandonaría rapidamente porque o contido da publicación foi moito máis alá de tan restrinxido subtítulo. Actualmente, o ''Boletín Galego de Literatura'' conta cun portal dixital en galego na propia páxina da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. En canto ao impacto do boletín segundo no SCImago Journal & Country Rank non aparece recollido. En MIAR (Matriz de Información para a Análise de Revistas) foi avaliado cun 6.415 no cálculo do ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria), un indicador que amosa a visibilidade da revista nas diferentes bases de datos científicas. No C.I.R.C. (Clasificación Integrada de Revistas Científicas) foi clasificada como C. Tamén en DICE (Difusión e Calidade Editorial das Revistas Españolas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, a clasificación é C, a excepción de ANEP (Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva que é B.
 
==Notas==
{{Listaref}}