Boletín Galego de Literatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Añadir hipervínculos
Liña 1:
 
O '''''Boletín Galego de Literatura''''' (BGL) é unha revista literaria semestral que edita a [[Universidade de Santiago de Compostela]] e está dirixida por [[Anxo Tarrío Varela]], profesor da facultade de Filoloxía da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. A data de creación é 1989 e o primeiro número corresponde aos meses de xaneiro-maio. Esta publicación está redactada exclusivamente en lingua galega, exceptuando algunhas colaboracións escritas en español, portugués, catalán, francés, italiano, inglés ou alemán. Nela aparecen artigos sobre crítica e historiografía de calquera literatura do mundo, ademais de traballos de investigación en Teoría da Literatura, Crítica Literaria, Poética, Retórica, Hermenéutica, Semiótica<ref name="Páxina web">{{cita web|url=http://www.usc.es/revistas/index.php/bgl/issue/archive|editor=Universidade de Santiago de Compostela}}</ref>, etc.
 
== Nacemento e actividade ==
O ''Boletín Galego de Literatura'' nace no campo da filoloxía galega e portuguesa baixo a dirección do catedrático [[Anxo Tarrío|Anxo Tarrío Varela]] e da secretaría de Xabier Campos Villar e [[Isabel Soto|Mª Isabel Soto López]]. Nese momento non existía en Galicia ningunha revista que se dedicase exclusivamente a ofrecer estudos e análises sobre literatura redactados en galego e o director —que naquel tempo dirixía o ''Seminario de Literatura Galega'' para o COU—[[COU]]—, propúxolles aos seus compañeiros a creación dunha revista onde vehicular reflexións, estudos, análises etc., sobre a materia do Seminario, e así xorde o ''BGL''. Polo tanto, os fundadores da revista son aqueles nomes que figuran nos créditos do primeiro número (maio de 1989): como director Anxo Tarrío, como Secretario, Xosé Luís Sánchez Ferraces, no Consello Redactor, [[Carmen Blanco García]], [[Antón Capelán|Antón Capelán Rei]], Modesto Hermida García, [[Xesús Rábade Paredes]], Mª do Carme Ríos Panisse, [[Blanca-Ana Roig]] Rechou e Xosé Manuel Salgado Rodríguez, consello que foi variando co paso dos anos e, por último, o Consello Científico, que apareceu co segundo número e cun carácter internacional.
 
Actualmente, está formada por dous consellos, un primeiro Consello Científico —que se encarga de orientar e asesorar sobre os contidos—, formado por dezanove membros entre os que destacan Víctor Manuel Aguilar e Silva, Mercedes Brea López e Carlos Buján, Richard Cardwell, Basilio Losada e Guiuseppe Tavani, e un segundo Consello Redactor e corrector —que decide sobre a presentación e a normativa editorial da revista—, formado por cinco membros entre os que sobresaen Eulalia Agrelo Costas e Miguel Louzao Otero, ambos profesores da Univ. Santiago de Compostela. O deseño da maqueta e da cuberta está a cargo de Alejandro Vidal sobre unha idea de Pedro de Llano e as ilustracións corren da man de Alex Mene. A coordinación das publicacións está baixo o mando de [[Patricia Fra López]] e Mª Teresa Vilariño e o servizo de publicación é o da Universidade de Santiago de Compostela. Por último, as encargadas das colaboracións e da correspondencia son [[Marta Neira Rodríguez]] e Mª. Isabel Soto López.
Liña 11:
Por outra banda, por problemas á hora de publicar, os números 36-37 (2º semestre 2006- 1º semestre 2007) preséntanse nun mesmo volume. Nos números 41-42 publicados, nun só volume en 2009, pódese ver un especial titulado ''2000. 10 anos de estudo e creación 2009''. Asemade, o número 45 (1º semestre 2011) trata sobre a poesía galega e as perspectivas críticas e comparadas. Por último, o número 46 (2º semestre 2011) é un especial titulado ''Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital''.
 
Despois dunha parada desde o 2011 até o 2015, o ''BLG'' reaparece cun novo exemplar coa intención de reavivar a revista desde a propia [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. Actualmente, están á procura de novas investigacións para a súa próxima edición. Unha das características principais para á publicación é escribir en galego para a sección “Documentos” mentres que noutras seccións si está permitido escribir en outras linguas. Os traballos deben ser inéditos e só poderán versar sobre temas relacionados coa literatura e coa crítica literaria. En caso de ser un alumno o que queira publicar, debe estar avalado polo seu titor e o profesor que o dirixiu, ademais de estar sometido ás instrucións propias do boletín. Así mesmo, existe unha extensión máxima dependendo do tipo de traballo e, asemade, o tipo de letra será distinto dependendo do tipo de escrito.
 
== Colaboradores ==
 
A revista divídese en distintos apartados como Estudios, Notas, Documentos, Encontros, Bibliografías, Libros e Creación, non sempre presentes en todos os números. En canto á creación, moitos dos colaboradores son de fama recoñecida como os escritores [[Suso de Toro]], [[Uxío Novoneyra]], [[Yolanda Castaño]], [[Agustín Fernández Paz]], [[Xavier Alcalá|Xabier Alcalá]], [[Bernardino Graña]], [[Manuel María]], [[Luz Pozo Garza]], [[Claudio Rodríguez Fer|Claudio Rodríguer Fer]], Xosé Mª Álvarez Cáccamo, [[Xulio López Valcárcel|Xulio L. Valcárcel]], [[Chus Pato]], [[Xavier Queipo]], [[Luísa Villalta]] e Víctor Fernández Freixanes, entre moitos outros. Ademais, do ex-presidente da Real Academia Galega, [[Xosé Luís Méndez Ferrín|X. L. Méndez Ferrín]]. En canto á sección Estudios, destaca [[Carlos Caetano Biscaínho]] con ''A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario'', [[María Lopo]] con ''A propósito do concepto de literatura bretona en lingua francesa'', [[Arturo Casas]] con ''Novos suxeitos e nova discursividade na poesía galega actual'' entre moitos outros<ref>{{Cita libro|título=Boletín Galego de Literatura|apelidos=|nome=|editorial=Servicio de Publicacións da UDC|ano=1989-2016|ISBN=|ref=}}</ref>.
 
A selección de textos, mestres o ''BGL'' foi editado en papel (1989-2012), foi realizada polos propios fundadores coa axuda do Consello Científico, seguindo criterios de calidade e oportunidade dos traballos en cuestión. A partir da versión dixital (2015-), a selección faise pola lectura de pares anónimos e os autores dos traballos poden acceder á plataforma Open Journal System para seguir o proceso.