Boletín Galego de Literatura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 3:
 
== Nacemento e actividade ==
O ''Boletín Galego de Literatura'' nace no campo da filoloxía galega e portuguesa baixo a dirección do catedrático [[Anxo Tarrío|Anxo Tarrío Varela]] e da secretaría de Xabier Campos Villar e [[Isabel Soto|Mª Isabel Soto López]]. Nese momento non existía en Galicia ningunha revista que se dedicase exclusivamente a ofrecer estudos e análises sobre literatura redactados en galego e o director —que naquel tempo dirixía o ''Seminario de Literatura Galega'' para o COU—, propúxolles aos seus compañeiros a creación dunha revista onde vehicular reflexións, estudos, análises etc., sobre a materia do Seminario, e así xorde o ''BGL''. Polo tanto, os fundadores da revista son aqueles nomes que figuran nos créditos do primeiro número (maio de 1989): como director Anxo Tarrío, como Secretario, Xosé Luís Sánchez Ferraces, no Consello Redactor, Carmen Blanco García, Antón Capelán Rei, Modesto Hermida García, Xesús Rábade Paredes, Mª do Carme Ríos Panisse, Blanca-Ana Roig Rechou e Xosé Manuel Salgado Rodríguez, consello que foi variando co paso dos anos e, por último, o Consello Científico, que apareceu co segundo número e cun carácter internacional.
 
Actualmente, está formada por dous consellos, un primeiro Consello Científico —que se encarga de orientar e asesorar sobre os contidos—, formado por dezanove membros entre os que destacan Víctor Manuel Aguilar e Silva, Mercedes Brea López e Carlos Buján, Richard Cardwell, Basilio Losada e Guiuseppe Tavani, e un segundo Consello Redactor e corrector —que decide sobre a presentación e a normativa editorial da revista—, formado por cinco membros entre os que sobresaen Eulalia Agrelo Costas e Miguel Louzao Otero, ambos profesores da Univ. Santiago de Compostela. O deseño da maqueta e da cuberta está a cargo de Alejandro Vidal sobre unha idea de Pedro de Llano e as ilustracións corren da man de Alex Mene. A coordinación das publicacións está baixo o mando de [[Patricia Fra López]] e Mª Teresa Vilariño e o servizo de publicación é o da Universidade de Santiago de Compostela. Por último, as encargadas das colaboracións e da correspondencia son [[Marta Neira Rodríguez]] e Mª. Isabel Soto López.
 
O primeiro número é unha homenaxe a [[Celso Emilio Ferreiro]], personaxe ilustre ao que se lle adicou o [[Día das Letras Galegas]] nese mesmo ano. O número 15-16, publicado nun só volume en 1996, foi unha edición subvencionada pola ''Dirección Xeral de Ordenación Universitaria e política científica da Xunta de Galicia'' e este número está escrito ''in memorian'' de Stefano Jacomuzzi, un colaborador asiduo da revista. Tamén, o número 19 (1º semestre, 1998) publicouse ''in memoriam'' de [[Antón Risco]]. Pola contra, o número 21-22, publicado nun só volume en 1999, achega unha introdución na que se fai memoria dos 10 primeiros anos do boletín realizado polo Equipo de Redacción e Corrección. No número 27 (1º semestre 2002), publícase un número especial titulado ''Literatura e Cinema''. Na segunda metade do 2004, sae á luz o número 32, baixo o nome de Para entenderte mellor. As literaturas infantís e xuvenís no marco ibérico. Nos dous vindeiros boletíns fanse dous especiais dedicados á ''Literatura Comparada''. O número 35 (1º semestre 2006), realízase unha introspectiva á banda deseñada nacional, baixo o nome de ''Olladas do Cómic Ibérico''.
 
Por outra banda, por problemas á hora de publicar, os números 36-37 (2º semestre 2006- 1º semestre 2007) preséntanse nun mesmo volume. Nos números 41-42 publicados, nun só volume en 2009, pódese ver un especial titulado ''2000. 10 anos de estudo e creación 2009''. Asemade, o número 45 (1º semestre 2011) trata sobre a poesía galega e as perspectivas críticas e comparadas. Por último, o número 46 (2º semestre 2011) é un especial titulado ''Textos a escape. A literatura e a cultura na era dixital''.
Liña 15:
== Colaboradores ==
 
A revista divídese en distintos apartados como Estudios, Notas, Documentos, Encontros, Bibliografías, Libros e Creación, non sempre presentes en todos os números. En canto á creación, moitos dos colaboradores son de fama recoñecida como os escritores [[Suso de Toro]], [[Uxío Novoneyra]], [[Yolanda Castaño]], [[Agustín Fernández Paz]], [[Xavier Alcalá|Xabier Alcalá]], [[Bernardino Graña]], [[Manuel María]], [[Luz Pozo Garza]], Claudio Rodríguer Fer, Xosé Mª Álvarez Cáccamo, Xulio L. Valcárcel, [[Chus Pato]], [[Xavier Queipo]], [[Luísa Villalta]] e Víctor Fernández Freixanes, entre moitos outros. Ademais, do ex-presidente da Real Academia Galega, [[Xosé Luís Méndez Ferrín|X. L. Méndez Ferrín]]. En canto á sección Estudios, destaca [[Carlos Caetano Biscaínho]] con ''A Escola Dramática Galega (1978-1994) e o sistema literario'', [[María Lopo]] con ''A propósito do concepto de literatura bretona en lingua francesa'', [[Arturo Casas]] con ''Novos suxeitos e nova discursividade na poesía galega actual'' entre moitos outros.
 
A selección de textos, mestres o ''BGL'' foi editado en papel (1989-2012), foi realizada polos propios fundadores coa axuda do Consello Científico, seguindo criterios de calidade e oportunidade dos traballos en cuestión. A partir da versión dixital (2015-), a selección faise pola lectura de pares anónimos e os autores dos traballos poden acceder á plataforma Open Journal System para seguir o proceso.
 
== Difusión e impacto ==
Nos primeiros anos, o ''BGL'' levou de subtítulo “Estudios de Orientación Universitaria”, que abandonaría rapidamente porque o contido da publicación foi moito máis alá de tan restrinxido subtítulo. Actualmente, o ''Boletín Galego de Literatura'' conta cun portal dixital en galego na propia páxina da [[Universidade de Santiago de Compostela|USC]]. En canto ao impacto do boletín segundo no SCImago Journal & Country Rank non aparece recollido. En MIAR (Matriz de Información para a Análise de Revistas) foi avaliado cun 6.415 no cálculo do ICDS (Índice Composto de Difusión Secundaria), un indicador que amosa a visibilidade da revista nas diferentes bases de datos científicas. No C.I.R.C. (Clasificación Integrada de Revistas Científicas) foi clasificada como C. Tamén en DICE (Difusión e Calidade Editorial das Revistas Españolas de Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas, a clasificación é C, a excepción de ANEP (Axencia Nacional de Avaliación e Prospectiva que é B.