Camiño de Santiago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 38:
A comezos do [[século XI]], [[Sancho III O Maior]] fixou o trazado definitivo do Camiño de Santiago, ao librar de incursións musulmás a zona comprendida entre os [[Pireneos]] e [[Nájera]] e aproveitar o trazado dunha antiga [[vía romana]] que substituíu o percorrido anterior que cruzaba [[Áraba]]. Tamén a el se lle debe a influencia [[Orde de Cluny|cluniaciense]] por todo o camiño. Convertida no terceiro centro de peregrinación da [[Cristiandade]] —só despois de [[Xerusalén]] e [[Roma]]—, foi a partir do [[século XI]] e principalmente XII, cando desde numerosos puntos de Europa comecen a chegar peregrinos, ben desde [[Occitania]], [[reino de Francia|Francia]], [[reino de Navarra|Navarra]] ou [[Aragón]]-[[Cataluña]] vía terrestre, ben desde as [[Illas Británicas]], [[Escandinavia]], ou [[Alemaña]] vía marítima. [[Afonso VI de León e Castela]] e [[Sancho Ramírez]] de Navarra, tamén no século XI, dotaron de infraestruturas as vilas polas que pasaba o camiño: construción de hospitais para os peregrinos, pontes, melloras no trazado viario, e favoreceu as repoboacións das cidades do camiño, en especial con francos e eximindo do pago dalgúns portádegos ós peregrinos.
 
A partir do século XVI, a peregrinación a Santiago comezou un importante declive, no que interviron as novas circunstancias políticas e relixiosas imperantes en Europa, nomeadamenteespecialmente a expansión da [[Reforma Protestante]] a partir de [[1517]], coa que desapareceron os peregrinos procedentes de [[Inglaterra]], [[Alemaña]] e [[Países Baixos|Holanda]]. Noutra orde de cousas, a posibilidade de redimir as penas con diñeiro fai que desaparezan tamén os peregrinos que facían o Camiño por ese motivo, e xorde paralelamente un desprestixio da imaxe do peregrino, que comeza a verse como un desocupado que sobrevive das esmolas.
 
Tamén tivo que influír decisivamente o feito da ''desaparición'' das reliquias do Apóstolo en [[1589]], cando o arcebispo [[Juan de Sanclemente]] agochou o sepulcro como medida de cautela ante o inminente ataque do pirata [[Francis Drake]]. Por algunha razón, o lugar onde as pousou quedou en secreto e, co paso dos anos, as reliquias déronse por perdidas.