Rías de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 37:
As orientacións das rías son de NNE-SSO (Ría de Arousa), NE-SO (Rías Baixas), e NO-SE (Ría de Corme e o Golfo Ártabro). As rías Baixas labráronse a favor das fracturas tectónicas, os ríos encaixáronse nestas e erosionaron os vales facéndoas máis anchas. Nestas rías o fondo da ría é máis profundo, pola intersección de fracturas de placa no seu interior. As rías da Costa da Morte son máis pequenas, danse sobre interseccións de fracturas de placas e a súa forma quedou definida pola intersección destas. As rías Ártabras están definidas pola súa litoloxía: quedan cerradas dentro de [[granito]]s resistentes no borde lateral e ancheadas pola facilidade de erosión do macizo interior <ref name="pages_2000" />.
 
Nas rías pódense observar diferentes efectos de erosión remontante. Nos vales recentes, como é o tramo final do [[río Tambre|Tambre]], a erosión produciuse por un encaixamento sobre fondos [[Oroxénia Hercínica|hercínicos]]<ref>Oroxénia hercínica: un proceso do [[Cretáceo]] de levantamento de montañas que durou ata o Pérmico.</ref> de vales antigos, e de aí a orixe dos saltos presentes nos perfís da ría. Noutros casos, foi unha erosión remontante sobre de recheos aluviais a que fixo que se formaran terrazas aluviais. Ese é o caso do tramo inferior do [[río Miño]] (e que non se soeadoita clasificar como ría).
 
== Dinámica hidrolóxica e fluxo de nutrientes ==