Rías de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 18:
A costa [[Atlántico|atlántica]] e [[Cantábrico|cantábrica]] da península presentan unha morfoloxía que nacería coa rotura das [[Placa tectónica|placas tectónicas]] ó comezo do [[Cenozoico]] e que daría froito á aparición das [[ría]]s. Coa rotura de [[Panxea]] no [[Cenozoico]] aparece o [[Océano Atlántico]]. Ese novo océano xorde dunha tripla rotura do continente, que deu comezo á separación da [[Península Ibérica|placa Ibérica]], a Europea e a Norteamericana. Así, a finais do [[Mesozoico]] a costa peninsular atlántica e cantábrica quedaron definidas [[xeomorfoloxía|xeomorfoloxicamente]] como na actualidade. Esa fragmentación fixo aparecer a costa ibérica, que se modelou durante o [[Paleoceno]] na forma que hoxe a vemos. Durante o Paleoceno, esa nova costa fragmentada foi modelada pola acción [[Corrente fluvial|fluvial]] de incisión, algo que sería máis marcado na cara atlántica da península que na [[Cantábrico|cantábrica]] <ref name="romani_2005">J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sith International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005.</ref>.
 
Desde o momento da rotura das placas, a costa cantábrica peninsular e a atlántica evolucionaron de diferente xeito. A marxe cantábrica actuou como unha [[Tectónica de placas|zona de choque]] ata o [[Eoceno]]. Pola contra, a zona atlántica foi, dende o primeiro momento de rotura de [[Panxea]], unha rexión onde a costa se expandiu e contraeu de xeito pasivo continuo. Así, a [[litosfera]] arrefriouse progresivamente ao avanzar a veta de fractura atlántica. Iso permitiu a distensión desa parte da placa e o seu afundimento. Durante o [[Era Cenozoica|Terciario]], a parte oeste peninsular foise afundindo por acumulación de [[Sedimentación|sedimentos]] na súa [[plataforma continental]]. Iso provocou a aparición de bordes de placa pasivos no que se darían ascensos isostáticos de placa e unha acentuada [[erosión]] por fluxos fluviais. Esa erosión foi máis acentuada na parte atlántica da península mentres que foi máis suave na parte cantábrica. Este proceso de descensos de nivel de base do mar e a adaptación da rede fluvial foi o que deu lugar á aparición das rías <ref name="romani_2005" /><ref name="pages_2000">JL. Pagés Valcarlos. "Origen y Evolución Geomorfológica de las Rías Atlánticas de Galicia". ''Rev. Soc. Geología de España.'' nº 13(3-4), 2000.</ref>.
 
As rías non chegaron a estar cubertas polo mar ata aproximadamente o [[Neoxeno]]. Estímase que durante o [[Plistoceno]] o mar estaba a varios quilómetros da actual liña de costa. Durante o Plistoceno ese límite variaría, aumentando e reducíndose, ata que chegou á altura de costa de hoxe en día. Durante o [[Paleozoico]], polas oscilacións [[Glaciación|glaciais]] e interglaciais, a erosión fluvial modelaría, e faría máis acusada, a morfoloxía das zonas fluviais que acollen ásas rías<ref name="romani_2005" />.
 
As rías da costa oeste, as [[Rías Baixas|rías Baixas]] ([[Ría de Laxe|Laxe]], [[Ría de Camariñas|Camariñas]], [[Ría de Muros|Muros]], [[Ría de Arousa|Arousa]] e [[Ría de Vigo|Vigo]]), serían as primeiras en ter aparecidoaparecer. As [[Rías Altas|rías altas]] ([[Ría de Ribadeo|Ribadeo]], [[Ría de Foz|Foz]], [[Ría de Viveiro|Viveiro]], [[Ría do Barqueiro|Barqueiro]] e [[Ría de Ortigueira|Ortigueira]]) serían máis recentes, do Neoxeno. En concordancia co anterior, as rías do [[Golfo Ártabro]] ([[Ría de Ferrol|Ferrol]], [[Ría de Betanzos|Ares-Betanzos]] e o [[Ría da Coruña|Burgo]]) serían rías de transición que apareceron entre medias no tempo<ref name="romani_2005" />.
 
=== Litoloxía e morfoloxía ===