Cavidade paleal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Liña 1:
Tipicamente, o [[corpo]] dos [[moluscos]] está formado pola [[cabeza]] e o [[tronco (anatomía)|tronco]], no que se distingue unha [[masa visceral]] no dorso e un [[pé (moluscos)|pé]] en posición ventral. Os [[tegumento]]s que revisten dorsalmente a masa visceral, máis ou menos sobesaínte, que contén os [[órgano]]s internos, forman unha membrana, denominada [[manto (moluscos)|manto]] ou [[palio (moluscos)|palio]], que pode segregar unha [[cuncha]] [[calcaria]].<ref name=S>VV. AA. (1968): ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados''. pp. 248-251.</ref> <ref name=G>Grassé, Pierre P. ''et al.'' (1976), p. 377.</ref>
 
==Cavidade paleal dos moluscos==
[[Ficheiro:Pleurobranchaea meckelii.jpg|miniatura|250px|''[[Pleurobranchaea meckelii]]'' mostrando o [[ctenidio]].]]
A '''cavidade paleal''' ou '''cavidade do manto''' é unha cámara que se forma pola expansión laminar do manto repregada interiormente e que circunda todo o animal para adherirse ao pé orixinando unha canle denominada ''suco paleal'', situada na parte posterior do corpo (da parte anterior deste suco sobresae, cando está presente, a cabeza).<ref name=S/> <ref name=G>Grassé, Pierre P. ''et al.'' (1976), p. 401.</ref>
 
Na cavidade paleal desembocan os [[nefridio]]s, os [[gónada|gonóporos]] e o [[ano (anatomía)|ano]] (cuxos órganos correspondentes están aloxados no [[saco visceral]]. Así mesmo, é onde se aloxan os [[osfradio]]s (órganos quimiorreceptores).
Liña 13:
 
===Gasterópodos terrestres===
Nos gasterópodos terrestres (como os [[caracol|caracois]]), a cavidade paleal está en contacto co exterior a través dun orificio estreito, chamado ''pneumostoma'', que permite evitar a deshidratación. A superficie interna da cavidade paleal está moi vascularizada e o intercambio gasoso [[hematose]] prodúcese a través do [[epitelio]]e, e músculos moi potentes permiten a [[ventilación]], de maneira que actúa aquí a cavidade paleal actúa como un ''[[pulmón]]''. (Non é un órgano [[homoloxía (bioloxía)|homólogo]] dos [[tetrápodos|vertebrados terrestres]]).<ref name=Brusca>Brusca, R. C. & Brusca, G. J. (2005): ''Invertebrados'', 2ª edición. Madrid (etc.): McGraw-Hill-Interamericana. ISBN 0-87893-097-3.</ref> <ref>Grassé, Pierre P. ''et al.'' (1976), p. 416.</ref>
 
==Outro tipo de cavidade paleal==
Nos [[braquiópodos]] existe unha cámara, tamén chamada ás veces cavidade paleal, onde se retrae o [[lofóforo]], pero que non é [[homoloxía (bioloxía)|homóloga]] da dos moluscos; de feito, braquiópodos e moluscos experimentaron unha sorprendente [[evolución converxente]].<ref> VV. AA. (1968): ''Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados'', p. 300.</ref>
 
== Notas ==