Protistas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 71:
Actualmente o termo ''protista'' utilízase para referirse a eucariotas unicelulares que existen como células independentes ou que forman colonias nas que non hai diferenciación en tecidos. <ref name="Adl 05">{{Cita publicación periódica |author=Adl SM, Simpson AG, Farmer MA, ''et al.'' |title=The new higher level classification of eukaryotes with emphasis on the taxonomy of protists |journal=J. Eukaryot. Microbiol. |volume=52 |issue=5 |pages=399–451 |year=2005 |pmid=16248873 |doi=10.1111/j.1550-7408.2005.00053.x}}</ref> O termo ''protozoo'' é utilizado para referirse ás especies [[heterótrofo|heterótrofas]] de protistas que non forman filamentos. Porén, estes termos xa case non se usan na taxonomía actual, e mantéñense só como unha forma práctica e conveniente para a descrición ou para facer referencia a estes organismos.
 
A taxonomía dos protistas está aínda cambiando. As novas clasificacións que apareceron intentan establecer os grupos [[monofilético]]s que comprenden, baseados na súa [[ultraestrutura]], [[bioquímica]], e [[xenética]]. Como os protistas no seu conxunto son [[parafilético]]s, estes sistemas a miúdo dividen ou abandonan o [[taxon]] reino, tratando aos distintos grupos de protistas como liñas separadas dentro dos eucariotas. O recente esquema elaborado por Adl ''et al.'' (2005)<ref name="Adl 05"/> é un exemplo no que non se consideran as categorías taxonómicas formais (filo, clase etc.) senón que simplemente se ordenan os organismos en listas xerárquicas. Con isto preténdese facer a clasificación máis estable a longo prazo e facer máis doada a súa posta ao día. Esta clasificación é a que se ofrece na táboa da dereita na que algúns dos grupos principais de protistas considerados poden ser tratados como [[filo]]s. <ref name="Cavalier Smith 03">{{Cita publicación periódica |author=Cavalier-Smith T, Chao EE |title=Phylogeny and classification of phylum Cercozoa (Protozoa) |journal=Protist |volume=154 |issue=3-4 |pages=341–58 |year=2003 |pmid=14658494 |doi=10.1078/143446103322454112 |url=}}</ref> Moitos destes grupos pénsase que son monofiléticos, pero aínda hai certa incertidumeincerteza. Por exemplo, os [[Excavata]] probablemente non son monofiléticos e os [[Chromalveolata]] poderían ser monofiléticos se excluímos de entre eles as [[haptófita]]s e [[criptomónada]]s. <ref>{{Cita publicación periódica | pmc = 1713255 | title = Evaluating Support for the Current Classification of Eukaryotic Diversity | author = Laura Wegener Parfrey, Erika Barbero, Elyse Lasser, Micah Dunthorn, Debashish Bhattacharya, David J Patterson, and Laura A Katz | doi = 10.1371/journal.pgen.0020220 | journal = PLoS Genet. | date = 2006 December | volume = 2 | issue = 12 | pages = e220 | pmid = 17194223}}</ref> O consenso actual vai na liña de non considerar monofilético a Chromalveolata, grupo que está desaparecendo das clasificacións máis recentes. Nas recentes clasificacións creáronse grupos como [[Halvaria]], [[Hacrobia]] ou o [[grupo SAR]]. En calquera caso, son de esperar novos cambios na clasificación nos próximos anos, xa que ningunha das clasificacións que hai ten un consenso xeral.
 
== Principais grupos de protistas ==