Lublin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 61:
 
=== Decadencia: séculos XVII a XIX ===
No [[século XVII]], a cidade sufriu un declinio debido a conflictosconflitos relixiosos, económicos (perda de influencia das feiras), epidemias e invasións estranxeiras. Son representativas deste momento de decadencia a epidemia da peste dos 1630, na que morreron unhas 5.000 persoas, e as invasións cosaca e rusa de 1655, seguidas da invasión [[Suecia|sueca]] durante as [[Guerras do Norte]] ([[1655]]-[[1661]])<ref name=":1" />. Sumida na decadencia e na pobreza polas guerras, Lublin foi perdendo o seu esplendor pasado, non empezando a reconstrucción tralos ataques do século XVII ata 1780. A poboación diminuíu durante todo o século XVIII. Após a [[Particións de Polonia#Terceira partición|terceira partición de Polonia]] en [[1795]] Lublin pasou a ser dominio do [[Imperio Austríaco]], despois, a partir de [[1809]] pasou ao [[Ducado de Varsovia]], e desde [[1815]] á [[Polonia do Congreso]] baixo o goberno [[Rusia|ruso]].
 
No comezo do [[século XIX]] leváronse a cabo varios desenvolvementos urbanos modernos, co xurdimento de novas prazas, rúas, xardíns e edificios públicos<ref name=":2" />.