Diferenzas entre revisións de «Visón americano»

m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
 
=== O visón americano en Galicia ===
O visón americano foi introducido en Galicia na década de [[1960|60]] pola industria peleteira. As sucesivas soltas por grupos ecoloxistas e escapes fixeron que se asentasen varias poboacións desta especie ao longo de Galicia.
 
A poboación silvestre de visón americano en Galicia ocupa preferentemente [[ecosistema]]s acuáticos, e atópase así mesmo dividida en dúas subpoboacións: unha no sueste da [[provincia de Pontevedra]] e outra na cunca do [[río Mero]] (A Coruña), esta última cunha orixe precisa: o ano [[1984]], a causa dos efectos do [[ciclón Hortensia]]. A área de distribución desta especie en Galicia medrou considerablemente nos últimos anos, xa que en Galicia atopa un hábitat axeitado para establecerse: existencia dunha ampla rede fluvial orlada con ripisilvas máis ou menos ben conservadas e elevada diversidade e abundancia de recursos tróficos potenciais (peixes, anfibios, mamíferos).<ref>[http://medioambiente.xunta.es/espazosNaturais/blobs/especieficha.jsp?ID_ESPECIE=333&pdf=Mustela%20vison.pdf. Visón americano en Galicia] Medioambiente.xunta.es, Consultada o 10/07/09</ref>