Diferenzas entre revisións de «Mario Bunge»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (engado a Categoría:Nados en 1919 mediante HotCat)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
'''Mario Bunge''' ([[Bos Aires|Buenos Aires]], [[Arxentina]] [[1919]]) é un [[Física|físico]] e [[filósofo]] arxentino, ademais dun [[humanismo|humanista]].
 
== Biografía ==
Naceu na cidade arxentina de [[Bos Aires|Buenos Aires]] o [[21 de setembro]] de [[1919]]. Interesado na [[filosofía da física]], Bunge comezou os seus estudos na Universidade Nacional de La Plata, graduándose cun doutorado en ciencias físico-matemáticas no ano [[1952]]. Na mesma universidade foi profesor de física teórica e [[filosofía]] desde [[1956]] ata [[1966]] cando, insatisfeito perante o clima político do seu país, tomou a decisión de emigrar. Pasou entón a ensinar nas [[universidade]]s de [[México]], [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] e [[Alemaña]], acabando por radicarse no [[1966]] en [[Montreal]], [[Canadá]], como profesor da Universidade McGill desde aquela.
 
Os seus principais intereses son a [[epistemoloxía]], a [[filosofía da mente]] e [[filosofía das ciencias sociais]]. O seu libro ''La ciencia, su método y su filosofía'' ([[1960]]), no que introduce as bases do [[método científico]] e a súa aplicación no campo do saber, chegou a se converter nun clásico do xénero.
 
É coñecido tamén por expresar publicamente a súa posición contraria as [[pseudociencia|pseudociencias]]s, entre as que inclúe a [[psicanálise]] e a [[homeopatía]]; mais tamén elaborou fortes críticas contra correntes filosóficas como o [[existencialismo]], incluíndo filósofos como [[Martin Heidegger]] e [[Edmund Husserl]]; o [[postmodernismo]]; a [[hermenéutica]] e o [[feminismo filosófico]]. Talvez a súa obra máis importante estea formada polos oito volumes do seu ''Tratado de filosofia básica'' (''Treatise on Basic Philosophy'').
 
En [[1982]] foi galardoado co [[Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades]].
 
== Obras seleccionadas ==
* 1960. ''La ciencia, su método y su filosofía''. Buenos Aires: Eudeba.
* 1962. ''Intuition and Science''. Prentice-Hall.
* 2004. ''Mitos, hechos y razones''. Buenos Aires: Sudamericana
* 2006. ''Chasing Reality. Strife over Realism''. Toronto: University of Toronto Press.
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Filósofos da Arxentina|Bunge, Mario]]
385.528

edicións