Saipan: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 46:
A parte do inglés, ao redor dun 20% fala o [[lingua chamorra|chamorro]].
 
== Historia ==
=== Descubrimento e anexión a España ===
Saipan, xunto aos seus veciños [[Guam]], [[Illa Rota|Rota]], [[Tinian]] e pequenas illas ao norte foron habitadas por primeira vez cerca do [[-2000|ano 2000 a. C.]]{{Cómpre referencia}}. O navegante [[Portugal|portugués]] ao servizo da coroa española [[Fernão de Magalhães]] foi o primeiro europeo que divisou a illa e que se atopou cos [[Chamorros]] en [[1521]]. A illa foi anexionada a España como parte das [[Illas Marianas]]. Preto de [[1815]], moitos habitantes de [[Satawal]] asentáronse en Saipán durante un período no que os Chamorros estaban prisioneiros en Guam, o que resultou nunha perda de terras e de dereitos para os nativos.[http://www.pacificworlds.com/cnmi/arrival/comeash.cfm CNMI: Tanapag - Arrival: Come Ashore] [http://www.nopukob.com/fsm/voyaging.htm Carolinian-Marianas Voyaging, Continuing the Tradition]
 
=== Dominio do Imperio xaponés ===
En [[1899]], logo da [[Guerra Hispano-Estadounidense]], España decidiu vender as Marianas, as [[illas Carolinas|Carolinas]] e as [[Illas Marshall|Marshall]] a Estados Unidos, pero o goberno de [[William McKinley]] considerou elevada a suma de diñeiro solicitada. Todas estas illas, incluíndo a Saipán, foron vendidas finalmente ao [[Imperio Alemán]] por uns 4 millóns de [[dólar estadounidense|dólares estadounidenses]] da época. O dominio alemán prolongouse ata o final da [[Primeira Guerra Mundial]] e en [[1922]] o [[Imperio xaponés]] tomou o control da illa baixo o [[Mandato do Pacífico Sur]] da [[Liga de Nacións]]. Os xaponeses desenvolveron as [[industria pesqueira|industrias pesqueiras]] e do [[azucre]].
 
Durante o mandato xaponés, os nenos nativos foron obrigados a asistir a escolas xaponesas durante seis anos, e despois podían optar por seguir unha carreira de especialización agrícola. A principal produción agrícola da illa foi a [[cana de azucre]]. A Compañía de Desenvolvemento do Mar do Sur, de orixe xaponesa, controlaba a maior parte da produción da illa, e moitos empregados xaponeses asentáronse nela.
 
Nos [[anos 1930|anos 30]] encheron a illa de [[guarnición|guarnicións]]s que albergaron ás tropas que chegaron despois e que en [[1941]] eran preto de 30.000. En [[1935]] construíron unha pista de aterraxe ao sur de Saipán. Pouco despois agregouse unha base para [[Hidroavión|hidroavións]] ao oeste e unha pista para [[Caza, avión|cazas]] ao norte. Algúns oficiais estadounidenses declararon publicamente que Xapón estaba convertendo a Saipán nunha base militar, algo que non estaba permitido no mandato. En [[1937]], ao desaparecer [[Amelia Earhart]] e [[Fred Noonan]], algunhas testemuñas aseguraban habelos vistos apresados polos xaponeses por espiar instalacións militares. levou a cabo unha investigación estadounidense ao terminar a Segunda Guerra Mundial, pero non se atopou evidencia concluínte.
 
=== Segunda Guerra Mundial ===
 
O [[15 de xuño]] de [[1944]], durante a [[Segunda Guerra Mundial]], os [[Corpo de Marines dos Estados Unidos|marines dos EEUU]] desembarcaron nas praias do suroeste da illa e pelexaron durante tres semanas na [[Batalla de Saipán]] para liberala dos xaponeses. A batalla foi levada ao cine por [[John Woo]] na película [[Windtalkers]].
 
En marzo de [[1943]], durante a [[Segunda Guerra Mundial]], Saipán converteuse nos cuarteis xerais da Segunda Frota de Escoltas de [[convoi]]s, uns 16 [[destrutor]]es, 5 [[Fragata (buque)|fragatafragatas]]s costeiras e 5 [[torpedeiro]]s. O [[3 de marzo]] de [[1944]], o [[America maru]] partiu cara a Xapón levando a 1700 pasaxeiros, a maioría familiares de empregados da Compañía de Desenvolvemento do Mar do Sur. Abandonaban a illa seguindo unha orde de repatriación de todos os anciáns, mulleres e nenos. Tres días despois, o submarino estadounidense [[USS Nautilus (SS-168)|USS Nautilus]] torpedeou o cargueiro e como resultado morreron 655 persoas.
 
=== Unión aos EEUU ===
As Illas Marianas uníronse aos EEUU en novembro de [[1986]]. Durante as negociacións entre ambas as partes acordouse que as Illas Marianas estarían eximidas de certas [[lei federal|leis federais]], incluíndo algunhas sobre o traballo e sobre inmigración. Un resultado foi un aumento do número de hoteis e do turismo. Con todo, ducias de fábricas de roupa abriron e a fabricación de pezas de vestir converteuse na industria máis importante das illas, empregando por centos de traballadores estranxeiros, ao mesmo tempo que etiquetan as pezas con ''"made in the USA"''. Estas pezas de baixo custo véndense maioritariamente no mercado estadounidense e están exentas de aranceis.
 
== Demografía ==
En [[1941]] vivían en Saipán 30.000 persoas e menos de 4.000 deles eran nativos; a poboación aumentou ata as 62.392 persoas segundo o censo do ano 2000, dos cales case 12.000 son nativos. Habitan na illa gran número de estranxeiros (debido á alta contratación de traballadores) de China, Bangladesh, Filipinas, Tailandia, Vietnam e Camboxa. Ademais, unha alta porcentaxe da poboación da illa inclúe inmigrantes de primeira xeración de Xapón, China e Corea, así como doutros estados de Micronesia. A distribución por sexos indica que o 54,8% son mulleres e o 45.2% son homes. A media de idade dos habitantes da illa é de 28,7 anos, que é maior que na maioría de rexións [[océano pacífico|pacíficas]] debido ao seu volume de traballadores estranxeiros. O idioma máis falado é o [[lingua inglesa|inglés]] aínda que unha minoría (ao redor dun 20%) tamén fala [[lingua chamorro|chamorro]], lingua tamén oficial no país.
 
{{Commonscat}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Illas do Pacífico]]