Monte Medulio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 213.60.34.224 (conversa); cambiado á última versión feita por Syum90
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 1:
'''O Monte Medulio''' é o lugar da batalla dos [[Galicia|galaicos]], [[Cantabria|cántabros]] e [[Asturias|astures]] no ano [[-22|22 adC.]] contra as lexións de [[Caio Furnio]] e [[Publio Carisio]], e onde os últimos guerreiros resistentes se suicidaron durante o sitio.
 
== Historia ==
A súa situación xeográfica hoxe en día é aínda controvertida. Segundo algúns sitúase nas montañas do concello de [[Lena, Asturias|Lena]]<ref>Menéndez Pidal (1897), Caunedo Tuñón e Quirós</ref>, outros sitúano no Picu Cervera, no ''Castro Meduales'', en [[Belmonte de Miranda]]<ref>Testamento baixomedieval atopado na [[catedral de Oviedo]]</ref>. Aduciuse que fontes clásicas o sitúan preto de [[O Bierzo]]<ref>Bellum Cantabricum et Asturicum</ref>, preto das minas romanas das [[As Médulas|Médulas]], o cal explicaría a toponimia do lugar. Con todo, [[Paulo Orosio]] sitúabao cerca do [[Río Miño|Miño]] ("''Minium flumine inminentem''"), o que leva a [[Vicente Risco]] a descartar esta localización, que considera unha xustificación previa á teoría de [[Frei Martín Sarmiento|Sarmiento]] relativa a que o antigo [[Río Miño|Miño]] era o [[río Sil|Sil]], o cal considera pouco probable en favor doutras posibles localizacións como o Monte Medelo, en [[Arrabaldo, Ourense|Santa Cruz de Arrabaldo]] (''sostido por Boán e que tamén conta co argumento da toponimia ao seu favor''); Cabeza de Meda (''na [[Comarca da Limia|Baixa Limia]], e sostido por Cortés, [[José Andrés Cornide de Folgueira e Saavedra|Cornide]] e [[Manuel Murguía|Murguía]]''), os [[Monte Aloia|Montes Aloia]] ''(en [[Tui]])'' ou [[Monte de Santa Trega|Santa Trega]], na [[A Guarda|Guarda]] (''sostido por [[Schulten]]'')<ref>Historia de Galicia, [[Vicente Risco]], Obras completas, tomo IV, pag. 265, ISBN 84-453-1487-4</ref>.
 
Modernos estudos establecen unha hipótese que o situaría nun dos Montes da [[Serra do Courel]], o Monte Cido, cuxo topónimo podería provir da voz latina Occidio, (''matanza, carnizaría''), e no que se poden apreciar os restos dun foxo como o que, segundo os datos de que se dispón, se fixo para cercar o monte e no que se descubriron vestixios romanos como un aguia imperial de bronce procedente dun estandarte.<ref>[http://www.arquitecturagalega.net/AG/arquivo/omedulio.html Traballo que apunta a hipótesis da localización do Medulio no [[Serra do Courel|Courel]]]</ref>. Segundo [[André Pena Graña]] o Monte Medulio estaría na xuntanza dos ríos Miño e Sil, nos Peares<ref>[http://www.ivoox.com/os-celtas-galaicos-entrevista-a-andre-pena-audios-mp3_rf_1423001_1.html André Pena Graña, 31:10]</ref>.
Liña 20:
::''(Ramón Cabanillas, "¡En pé!", 1917''}}
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Schulten,Adolf (2000), Los Cántabros y Astures y su guerra con Roma., Santander.
* Sanchez Albornoz, Claudio (2001), El Reino de Asturias. Origenes de la nación española., Oviedo.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://ligaceltigagalaica.iespana.es/medulio07.htm o Monte Medulio.]
* [http://www.arquitecturagalega.net/AG/arquivo/omedulio.html Defensa da teoría de que estivo no Caurel]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Gallaecia]]