Cirenaica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
A '''Cirenaica'''<ref>{{Cita libro |título=Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega |editor=Benigno Fernández Salgado |editorial=Editorial Galaxia |ano=2004 |isbn=9788482887524 |páxina=1304}}</ref> (en [[grego antigo]] Κυρηναία, en [[latín]] ''Cyrenaica''), foi unha [[provincia romana]] de [[África do Norte]], situada entre as provincias de [[Exipto, provincia romana)|Exipto]] e de [[Numidia]]. Actualmente Cirenaica forma parte do moderno estado de [[Libia]]. O seu nome provén da antiga cidade de [[Cirene]] (latinizado ''Cyrene'').
 
== Historia breve ==
Os [[Grecia antiga|gregos]] fundaron a colonia de Cirene no [[-630|630 a.C.]]. Logo da súa conquista por [[Alexandre o Grande]] no [[século -IV|século IV a.C.]], foi territorio controlado polo [[Exipto antigo|Exipto]] [[helenístico]]. [[Ptolomeo VIII]] legouna a título persoal a seu fillo [[Ptolomeo Apión]], quen, sen herdeiros e ás portas da morte, a legou á súa vez á [[República Romana]] no [[-96|96 a.C.]]. Roma converteuna nunha provincia xunto coa illa de [[illa de Creta|Creta]], inicialmente.
 
Cando os árabes se apoderaron do territorio no [[século VII]] d.C., o desecamento climático e a escaseza das reservas de auga despoboaran xa o país, cuxa prosperidade non era máis que un distante recordo. O país foi nomeado en [[lingua árabe|árabe]] ''Barqah'' (برقه), adaptación do nome da cidade de [[Berenice]]. Os ''rumis'', os romano-bizantinos, foron expulsados para [[Sicilia]] ou para [[illa de Creta|Creta]], ficando o territorio case ermo durante varios séculos. No [[século XIV]], unha mellora nas condicións climáticas permitiu a recolonización humana; pasou a formar parte de Exipto, antes de tornarse nunha provincia do [[Imperio Otomán]], que acabou por unila á [[Tripolitania]].
 
=== Época contemporánea ===
En [[1911]], [[Italia]] apoderouse da Tripolitania e, en consecuencia, da Cirenaica, logo da [[Guerra italo-turca]], englobándoa na súa colonia de [[Libia]], na que se inclúe desde a independencia deste país.
 
En [[1959]] descubriuse petróleo no seu territorio, o que constitúe a base económica actual dos seus habitantes.
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Cirene]].
* [[Tripolitania]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Provincias romanas]]