Foedus: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Foedus''' é o nome que recibe o pacto que estabelecía o [[Imperio Romano]] con diversos pobos e con diferentes fins. Normalmente eran de tipo político e militar dándose axuda mutua a cambio de algunha garantía.
 
No caso concreto dos [[vándalo]]s, [[alano]]s e [[suevo]]s, que cruzaran os pasos pirenaicos no outono do ''409'' e se dedicaran á depredación sistemática dos territorios, observándose o debilitamento do Imperio tan profundo que deixaba campo aberto á libre actuación dos pobos xermánicos. Progresaba así o proceso que os convertería na forza ''[[de facto]]'' no marco dos territorios que ocupaban.
 
Parece bastante seguro que o ''foedus'' se estableceu co momentáneo dominador da situación naquel momento na [[Hispania]], [[Flavio Constancio]] e para ambas as partes o tratado era do máis conveniente. Desde o punto de vista xermánico porque o bandoleirismo non era forma de vida posíbel a longo prazo, a non ser que trocasen de territorio continuamente coma até agora fixeran e continuarían a facer os [[vándalos]]. E desde o punto de vista de Flavio Constancio porque garantía a estabilidade, aínda que fora dun xeito provisional, na Hispania e podería atender os asuntos que reclamaban a súa presenza na [[Italia]] e facer fronte á sublevación da [[Galia]] que estaba o ocorrer naqueles intres.
Liña 12:
 
Suevos e vándalos asdingos repartíronse a provincia, que tras a reorganización de [[Diocleciano]], comprendía a actual [[Galiza]] até o [[río Douro|Douro]], e, cara o leste, boa parte da meseta norte. A división faise seguindo os meridianos actuais, correspondéndolles aos vándalos a meseta e terras chás, mentres que os suevos ocuparon os límites do [[Macizo Galaico]] até o mar,pero non ocuparon toda a súa extensión, xa que eran un pobo cun número moi limitado de individuos, e, segundo as fontes, estabelecéronse na súa maior parte no Convento Xurídico Bracarense, isto é, centrándose en [[Braga]], as terras que abranguen entre o [[río Miño|Miño]] e o Douro cara o océano.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Roma antiga]]