Diferenzas entre revisións de «Vila-mausoleo de Centcelles»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
No século [[XIX]] foi o momento en que se produciu o definitivo abandono dos usos relixiosos en Centcelles, moi probablemente relacionado coa [[desamortización]] de Mendizabal, comportando unha adaptación na vivenda do dono dos terreos en que se atopa a construción. Ademais disto se compartimentou a sala central en tres andares: o andar baixo destinado a vestíbulo e adega, a vivenda propiamente dita coas súas diferentes dependencias e o andar superior foi destinado como almacén e celeiro. As estruturas da subcripta foron utilizadas como [[lagar]] para a fermentación do viño.
 
== Contexto histórico e xeográfico ==
 
Durante a [[Antigüidade tardía]], trala reforma administrativa e territorial de [[Diocleciano]], [[Tarraco]] entrou no século IV perdendo máis da metade da extensión do seu antigo territorio provincial quedándo integrada na dicese de [[Hispaniarum]], con capital en [[Emerita Augusta]]. Isto supuxo un claro retroceso para unha cidade que con anterioridade gozara de ser o centro administrativo e punto de conexión co [[Mediterráneo]]. Ademais de todo isto, as incursións bárbaras do ano circa [[260]] non a favoreceron, aínda que é difícil coñecer o verdadeiro grado de afectación destas incursións a través das fontes escritas.
Este panorama cambiou a partir do século V, cando [[Tarraco]] volveu reivindicar un espazo no mapa político contemporáneo por ser elixida sede elixida por [[Geroncio]] para a entronización de usurpador [[Máximo de Hispania|Máximo]] como emperador e converterse así en base das operacións militares do Imperio en Hispania. Poida que isto traducísese na monumentalización do edificio central de Centcelles.
 
== O conxunto arquitectónico ==
 
O sitio foi ocupado por unha gran vila do [[altoimperial|alto imperio]], aínda que o primeiro asentamento romano data do [[século -I|século I aC]] Entre os séculos [[século I|I]] e [[século II|II]] construíuse unha gran [[vila romana]] da cal só conservase unha parte reducida da súa planta, consistente nun gran espazo onde se atoparon ''[[dolium|dolias]]'' romanas utilizadas para almacenar produtos agrícolas.
É, en conxunto, un monumento crave do [[arte paleocristiano]].
 
== Funcionalidade do edificio ==
 
As primeiras teorías respecto da funcionalidade do edificio foron aportadas por [[Helmut Schlunk]] ([[1988]]), ano no cal afirmou que a sala con cúpula tratábase dun [[cenotáfio]] ou un [[mausoleo]] dalgún personaxe importante posiblemente do emperador [[Constante|Constante]], asasinado no ano [[350]], ''[[dominus]]'' da vila e personaxe que aparece representado nos mosaicos. No momento que sae á luz a cripta, A. Hauschild, colaborador de [[Schlunk]], afirmou que se trataba dunha cripta funeraria; hipótese que apoiou a teoría do mausoleo de [[Schlunk]]. Ademais, baixo a cripta había unha cámara en bóveda de canón con cimbra colocada sobre un muro lonxitudinal no centro da cámara e cunha capa de arcilla. A cal [[Hauschild]] interpreta como unha cámara para illar a humidade e filtracións. Parece ser que a teoría do mausoleo imperial fíxose coñecida debido á hipótese do mausoleo de [[Diocleciano]].
 
[[Warland]] publicou un traballo no cal suxeriu, sobre a base da iconografía do mosaico e sobre todo do rexistro superior (figuras entronizadas), que o uso do edificio foi o dunha sala de recepción do propietario da vila, coa representación do [[dominus]] e a [[domina]].
En definitiva, a interpretación sobre a funcionalidade de Centcelles entra de cheo no problema da evolución e terminoloxía do significado de vila, debido ás transformacións ocorridas durante a antigüidade tardía. A arquitectura residencial evoluciona cara a unha reestructuración dos espazos, modificando a súa función orixinal, por esta razón interpretar a funcionalidade do edificio de Centcelles é unha tarefa complexa.
 
== Os mosaicos ==
 
[[FileFicheiro:La cúpula con los mosaicos.jpg|thumb|A cúpula cos mosaicos]]
 
O programa iconográfico da cúpula componse de 3 rexistros. No rexistro inferior podemos distinguir unha escena de cacería , unha ''[[venatio]]'' (escena profana) na cal pódese ver un grupo de cazadores, cans, sirvientes e xinetes cazando cervos. No rexistro intermedio atópanse as escenas cristiás do [[Antigo Testamento]] e do [[Novo Testamento]], deste friso bíblico 12 dos 16 compartimentos son restos musivos recoñecibles, 9 dos cales permiten unha interpretación clara. ste rexistro é de gran valor xa que contén [[teselas]] douradas que constrúen o fondo nalgunhas das escenas, o que se traduce nun valor simbólico importante. As escenas recoñecibles son: o [[Bo Pastor]], o [[Arca de Noé]], a [[Resurrección de Lázaro]], [[os tres mozos no forno]], o ciclo de [[Xonás]], a petición de man de [[Rebeca]], [[Abraham]] sacrificando ao seu fillo, [[Daniel]] na fosa dos leóns e [[Adán e Eva]]. Finalmente, no rexistro superior atópanse as escenas das catro estacións e os personaxes en "tronos", estas últimas escenas teñen un fondo verde e dourado e os campos que ocupan os entronizados son máis altos que o das catro estacións.
{{Commonscat|Mausoleum of Centcelles}}
* [http://www.spanisharts.com/arquitectura/imagenes/roma/tarragona_centelles.html Mausoleo de Centcelles, en Constantí, Tarragona.] Na Historia da arquitectura en España. Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Tarragona]]
389.041

edicións