Circo romano de Tarraco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Fendetestas (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 15:
O '''Circo romano de Tarraco''' é un edificio romano conservado na actual [[Tarragona]]. Construíuse impulsado politicamente polo ''Concilium provinciae Hispaniae citerioris'', reunión anual dos representantes da provincia Citerior, moi preto do [[Forum Provincial de Tarraco]], dentro do recinto amurallado na terraza inferior da Parte Alta da cidade de [[Tarraco]], capital da provincia romana [[Hispania Citerior Tarraconensis]]. Constitúe, xunto con outros emprazamentos, o [[Conxunto arqueolóxico de Tarraco]], que forma parte do [[Patrimonio da Humanidade]] dende o ano 2000, sendo o seu código de inscrición 875-004.
 
== Historia ==
Foi construído no [[século I|século I d.C.]] baixo o mandato do [[emperador]] romano [[Domiciano]]. Nel disputábanse as carreiras de carros, xeralmente de dous cabalos ([[biga]]s) ou de catro ([[cuadriga]]s) conducidos polos [[aurigas]]. Empregouse coma circo durante trescentos anos. No [[século V]] habilitáronse partes do circo para reconvertelas en vivendas. No ano [[1128]] o recinto do circo era coñecido coma ''El Corral'', e empregábase coma sede de [[feira]]s e transaccións comerciais. Durante as seguintes épocas foise construíndo enriba da súa estrutura orixinal ata quedar incrustado no mesmo centro urbano de Tarragona, o que posibilitou que sexa un dos mellor conservados do mundo.
 
Consérvase e é visitable a parte da cabeceira oriental, onde se sitúa a ''porta triunfalis'' e boa parte das bancadas. Ademais, son visitables varias das voltas interiores do circo, que aguantaban as bancadas superiores, cuxa dimensión conservada é tamén un récord sobre os demais circos romanos conservados. Estas voltas penetran en moitos casos nas entrañas do casco antigo.
 
== Características técnicas ==
[[Ficheiro:Restos do Circo Romano, túneles subterráneos pra o acceso ás gradas(Tarragona).JPG|miniatura|dereita|250px|Aceso ás gradas.]]
Capacidade: entre 25.000 e 30.000 persoas.
Liña 30:
Estrutura: está construído sobre fortes bóvedas de cemento que ademais de servir de apoio ás gradas, ás escaleiras e á plataforma superior, formaban unha serie de corredores interiores que permitían distribuír aos espectadores pola instalación.
 
Estancias e partes do circo: ''Podium'' (muro de máis de 2 metros de altura que separaba a area das gradas); ''Carceres'' (estancias con saída á area empregadas coma aparcadoiro para os carros); ''Spina'' (división lonxitudinal da area con mármore e mosaicos); ''Porta Pompae'' (porta principal); ''Porta Livitensis'' (porta para a saída dos feridos); ''Pulvinar'' (tribuna presidencial); ''Caveae'' (fieiras de asentos).
 
== Véxase tamén ==
* [[Conxunto arqueolóxico de Tarraco]]
* [[Anfiteatro de Tarraco]]
Liña 44:
* [[Canteira romana de El Médol]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.tarragona.cat Páxina web do concello de Tarragona] {{ca}}
* [http://www.tarragonaturisme.cat Páxina turística de Tarragona] {{ca}}
* [http://www.museutgn.com Páxina do Museo de Historia de Tarragona]
* [http://www.spanisharts.com/arquitectura/imagenes/roma/tarragona_circo.html Ficha en ''spanisharts'' sobre o Circo Romano de Tarraco] {{es}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Tarragona]]
[[Categoría:Conxunto arqueolóxico de Tarraco]]
[[Categoría:Patrimonio da Humanidade en España]]
 
[[de:Tarraco#Der Circus]]