Diferenzas entre revisións de «Centro Arqueolóxico de Salinae»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
O '''Centro Arqueolóxico Salinae''' ([[Vigo]]) é a única [[salina]] romana de evaporación solar que foi conservada e musealizada do [[Imperio Romano]].{{Cómpre referencia}} É un centro dependente do [[Museo do Mar de Galicia]] e da [[Xunta de Galicia]].
 
== Descrición ==
As salinas foron descubertas en 1998 durante as escavacións da construción dun centro de saúde do [[Sergas]]. A intervención arqueolóxica estivo a cargo de J.C. Castro Carrera, da empresa Anta de Moura S.L. Decidiuse modificar o proxecto do centro de saúde para conservar e musealizar o xacemento, para o cal se investiron 1,4 millóns de euros. O proxecto do centro paralizouse en 2001 e, non foi ata finais do 2008 cando estivo preparado para a súa inauguración. A musealización da salina foi levada a cabo pola empresa Ingeniaqed S.A. e, a parte arquitectónica, polo arquitecto G. Santos-Zas.
 
Encóntrase no centro da cidade de Vigo, no 21-23 da rúa Rosalía de Castro, na praza do centro de saúde homónimo. A visita é gratuíta e ofrece a posibilidade de visitas guiadas. Actualmente o horario de apertura ó público é de martes a domingo de 11 a 14 horas.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=280378279&ctre=75 Ficha do {{PAGENAME}}] en [[Turgalicia]].
 
{{LugaresdeintereseVigo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Museos de Vigo]]
[[Categoría:Sitios arqueolóxicos romanos de Galicia]]
393.002

edicións