Oppidum: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 6:
O nome de ''oppidum'' utilízase, xenericamente, para designar lugares de diferente amplitude, que poden ir dende unha ou dúas até varias centenas de hectáreas: o recinto do oppidum de ''Manching'', próximo a [[Ingolstadt]] en [[Baviera]] ([[Alemaña]]) abarca até 350 hectáreas. Os lugares coñecidos con este nome puideron ser utilizados desde principios da primeira [[Idade de Ferro]] até o [[século I]].
 
== A función dos oppida ==
[[Ficheiro:Bibracte Porte Rebout.jpg|miniatura|250px|dereita|Bibracte, Porta Rebout]]
No continente e, particularmente, na [[Galia]], algúns oppida poden ser considerados como as primeiras formas de "aldeas" ou como centros "proto-urbanos" da [[Europa]] [[Bárbaro|bárbara]], dando lugar á denominación de ''civilización dos oppida'', para designar a realidade socio-económica que predominaba antes da [[guerra das Galias]]. As dificultades para coñecer a súa función son varias: en primeiro lugar non se coñecen as infraestruturas de todos os oppida existentes, só a daqueles que a arqueoloxía nos permite entrever. Por outra banda, a opinión dos arqueólogos tamén é diverxente en canto á importancia exacta que eses lugares puideron ter durante a civilización céltica e, particularmente, na civilización gala que precedeu á conquista romana.
Liña 14:
A organización dalgúns oppida durante o período final de La Téne puido aproximarse, en certa medida, ao modelo das cidades arcaicas do mundo clásico. Parece que, na súa orixe, o desenvolvemento particular dalgún destes lugares puido estar ligado á existencia dun lugar de culto importante ([[Entremont]], no norte de [[Aix-en-Provence]]) ou a [[Batalla de Alesia|Alesia]] dos mandubios.
 
== Tipoloxía ==
Existen moitas formas de murallas ''oppida'', pero predominan dúas grandes categorías: os ?espolones pechados? e as murallas ou recintos pechados.
 
Liña 45:
 
{{commonscat|Oppida}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Arquitectura da Roma antiga]]