Galiña de río: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Esta é unha achega baseada en parte na páxina da Wikipedia en portugués [pt:Gallinula chloropus]
 
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 28:
A galiña de río común mide aproximadamente 37 cm de longo. Presenta un escudo facial vermello, faixas brancas nos flancos, plumaxe negra e patas amarelas. Os individuos inmaturos son de cor castaña escura co abdome máis claro, sen o escudo facial vermello.
 
Aliméntase dunha gran variedade de material vexetal, alén de pequenos animais acuáticos. Frecuenta [[lago]]s, [[lagoa]]s, [[Canle (enxeñería)|canle]]s, [[pantano]]s e tamén lagunas salobres. É ave migratoria, marchando para o norte durante o inverno austral.
 
O niño é unha cesta cuberta construída no chan entre vexetación densa. A femia deposita entre 8 e 12 ovos. Pode haber unha segunda niñada no ano, composta entre 5 e 8 ovos. A incubación dura aproximadamente tres semanas e realízana ambos pais.