Antera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 13 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q1995772
m Anxiospermas
Liña 4:
En [[botánica]], chámase '''antera''' á parte na que remata un [[estame]]. A palabra procede do [[lingua grega|grego]] ''anteros'', que significa florecido, aludindo a que a presenza visible das anteras sinala o punto álxido da [[antese]] (floración).
 
Nas [[anxiospermaanxiospermas]]s cada estame adoita fundamentarse nun pé chamado ''[[filamento (botánica)|filamento]]'' e unha antera, suxeita lateralmente ao extremo do filamento. Dise das anteras que son ''extrorsas'' se o filamento se une á antera pola súa cara externa (a máis afastada do eixo floral), e ''introrsas'' no caso contrario, menos frecuente.
 
A antera típica das anxiospermas adoita constar de dúas partes distinguibles, contiguas, chamadas ''tecas'', unidas por unha zona chamada [[conectivo]], que é tamén por onde a antera se une ao filamento. Se se corta a antera perpendicularmente ao seu eixo, obsérvase que cada antera contén un ou dous ''sacos polínicos'' que se espallan en toda a súa lonxitude.