Lique: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 3503549 de 193.144.37.214 (conversa)
Liña 4:
A verdadeira natureza desta simbiose é aínda tema de debate polos científicos. Algúns afirman que o fungo é un [[parasito]] do fotobionte; no entanto, en moitos casos, a alga soa non sobrevive no [[Hábitat (ecoloxía)|hábitat]] ocupado, nin tampouco o fungo illado e, polo tanto, non é realista usar o termo parasita.
 
O micobiontemicrobionte dos liques pertence, na súa maioría, á clase [[Ascomycetes]] (por riba do 95%), sendo os restantes [[Basidiomycetes]]. Cada especie de lique ten unha especie diferente de fungo e é con base nesa especie que os liques son [[clasificación científica|clasificados]]. A clasificación baséase, en xeral, nas características do [[talo]] e [[Órgano|órganos]] [[reprodución|reprodutivos]]. Están descritas entre 13.500 e 17.000 especies de liques, de acordo con diferentes sistemas de clasificación. Cerca do 20% das especies de fungos coñecidas pertencen a liques.
Os fotobiontes son moito menos numerosos cós micobiontes, ou sexa, a mesma especie de alga pode formar parte de varios liques diferentes. Moitas especies de alga, se non todas, poden existir illadamente nalgúns hábitats, mais cando forman parte dun lique, presentan unha distribución moito maior.