Enzima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 11:
Os enzimas transforman unha substancia, chamada [[substrato (bioquímica)|substrato]], noutra diferente denominada [[produto (bioquímica|produto]], e son extremadamente específicas para a reacción que catalizan. Isto quere dicir que, en xeral, un mesmo enzima cataliza un e só un tipo de reacción química (se ben poden existir varios enzimas que catalicen a mesma reacción). Consecuentemente, o tipo de enzimas atopados nunha célula determina o tipo de [[metabolismo]] que a célula efectúa.
 
A velocidade da reacción catalizada por un enzima aumenta debido á diminución da [[enerxía de activación]] necesaria para transformar o substrato no produto. A aceleración da reacción pode ser da orde de varios millóns de veces: por exemplo, o enzima orotidina-5'-fosfato descarboxilase diminúe o tempo da reacción que cataliza de 78 millóns de anos a 25 milisegundos.<ref name=proficient>A. Radzicka, R. Wolfenden (1995), "A proficient enzyme.", ''Science'', '''6'''(267), p. 90-931</ref>
 
Ao seren catalizadores, os enzimas non son consumidos na reacción e non alteran o [[equilibrio químico]] da mesma.
Liña 27:
== Historia ==
[[Ficheiro:Eduardbuchner.jpg|miniatura|175px|dereita|[[Eduard Buchner]]]]
Entre o final do śeculo XVII e o inicio do XVIII xa se sabía que as secrecións [[estómago|estomacais]] eran capaces de dixerir a [[carne]]<ref name=Rene>René Antoine Ferchault de Réaumur (1752), "Observations sur la dixestion des oiseaux", ''Histoire de l'academie royale des sciences'', '''1752'''p. 266, 461</ref>; coñecíase tamén a conversión de [[amidón]] en [[azucre]]s pola acción da saliva e extractos [[vexetal|vexetais]]. O mecanismo subxacente a estas transformacións non era, porén, coñecido<ref>[http://etext.lib.virginia.edu/toc/modeng/public/Wil4Sci.html Williams, H. S. (1904) A History of Science: in Five Volumes. Volume IV: Modern Development of the Chemical and Biological Sciences Harper and Brothers (New York)]</ref>.
 
Os enzimas foron descubertos no século XIX, aparentemente por [[Pasteur]], que concluíu que a [[fermentación]] do azucre en [[alcohol]] polo [[lévedo]] era catalizada por fermentos. Postulou, pois, que eses fermentos (os enzimas) eran inseparables da estrutura das células vivas do lévedo. Pasteur declarou que "a [[fermentación alcohólica]] é un acto correlacionado coa vida e organización das células do fermento, e non coa súa morte ou putrefacción"<ref>J. Dubos (1951), "Louis Pasteur: Free Lance of Science, Gollancz." ''in'' K.L. Manchester (1995), "Louis Pasteur (1822–1895)--chance and the prepared mind.", ''Trends in Biotechnology'', '''13'''(12), p.511-515</ref>.
Liña 356:
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat|Enzymes}}
=== Outros artigos ===
{{Commonscat|Enzymes}}
* [[Ribozima]]
* [[Isoenzima]]