Diferenzas entre revisións de «Campionato Paulista»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
O '''Campionato Paulista''', ou '''Paulistão''', é unha competición de [[fútbol]] organizada pola ''Federação Paulista de Futebol'', que enfronta cada ano ós principais equipos do [[Estado de São Paulo]], no [[Brasil]]. O torneo lévase a cabo nos primeiros meses do ano (entre xaneiro e maio), ó mesmo tempo que se disputa a [[Copa Libertadores]] e o resto dos campionatos estatais no país, antes do comezo do [[Brasileirão]].
 
== Formato ==
Trátase dunha liga con 20 participantes na máxima categoría, chamada Serie A. Os 20 equipos enfróntanse todos entre sí só nunha volta, e dicir, a tempada regular componse de 19 xornadas. Tralo remate desta tempada regular, os 8 primeiros equipos da táboa disputan unha rolda eliminatoria final con vantaxe de campo para os mellores clasificados da táboa. A rolda final parte duns cuartos de final a encontro único, seguidos dunhas semifinais a encontro único, para rematar cunha final a dobre encontro. Os 2 finalistas acadan o dereito a competir na Copa do Brasil do ano seguinte, non sendo que algún deles tamén teña praza para competir na [[Copa Libertadores]], caso no cal a súa praza será para un dos equipos semifinalistas. No caso dos 4 últimos equipos da táboa, perden a categoría baixando dende a Serie A á Serie B.
 
== Palmarés ==
A primeira edición disputouse no ano 1902, de xeito que é a competición oficial de fútbol mais antiga do país. O Campionato Paulista é un torneo tradicionalmente dominado por 4 equipos, o [[Sport Club Corinthians Paulista|Corinthians]], o [[Sociedade Esportiva Palmeiras|Palmeiras]], o [[São Paulo Futebol Clube|São Paulo]] e o [[Santos Futebol Clube|Santos]] (con 26, 22, 21 e 20 títulos):
{| cellpadding="2" cellspacing="2" style="margin: 0.5em 1em 0.5em 0; background: #f5faff; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" width=99%
* † — <small>Club desaparecido ou sección de fútbol desaparecida.</small>
 
== Galería ==
<center>
<gallery>
</gallery>
</center>
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Brasileirao]]
* [[Copa do Brasil]]
* [[Campionato Carioca]]
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.futebolpaulista.com.br/ Páxina da Federación Paulista de Fútbol] {{pt}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Ligas de fútbol de Primeira División]]
393.002

edicións