Hans-Georg Gadamer: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: eo:Hans-Georg Gadamer
XoseBot (conversa | contribucións)
m Robot: Modificou-se Category:Category:Filósofos
Liña 16:
Con respecto ó '''coñecemento histórico''', outra vez se produce un encontro entre o suxeito e o obxecto, pois cando queremos comprender unha etapa histórica determinada hai que ter en conta, así mesmo, que tamén nosoutros, intérpretes, formamos parte da [[historia]]. Esta participación do suxeito por parte do obxecto, somos seres históricos que usamos unha determinada linguaxe e vivimos nun concreto contexto cultural, isto é, formamos parte dunha tradición, implica que a comprensión do primeiro está xa cargada de ''prexuízos'', de tal forma que na investigación histórica nunca podemos ser observadores neutrais. Prodúcese así inevitablemente un ''círculo hermenéutico'' entre o intérprete e o “obxecto” de estudo. Disto deduce Gadamer que nas ciencias históricas nunca se pode lograr unha actitude gnoseolóxica puramente teórica e obxectiva, contrariamente ás pretensións de Dilthey de elaborar un método obxectivo nas ciencias humanas capaz de eliminar os prexuízos subxectivos do intérprete. De todas formas, isto non significa, na óptica gadameriana, que as ciencias humanas estean condenadas ó máis absoluto [[relativismo]]. Aínda que non poida haber interpretacións definitivas, si que é posible discernir unhas interpretacións máis fecundas ca outras, no sentido de abrir novos interrogantes e fomentar a conversación hermenéutica.
 
[[Category:Personalidades da filosofía|Gadamer, Hans-Georg]] [[Category:Filósofos]]
 
[[Category:Personalidades da filosofía|Gadamer, Hans-Georg]] [[Category:Filósofos]]
 
[[bg:Ханс-Георг Гадамер]]