Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
En [[1931]] foi declarado Monumento Nacional, e en [[1985]] [[Ben de Interese Cultural]].
 
== Descubrimento e restauración ==
[[Ficheiro:Templo romano de Santalla de Bóveda.jpg|miniatura|250px|Interior do templo.]]
 
Nos anos setenta volveron facerse obras de restauración e mantemento dos restos, que incluíron unha placa de cemento sobre a estrutura para evitar definitivamente os problemas de escorras da [[chuvia]] sobre o edificio.
 
== Estrutura ==
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-19.JPG|miniatura|250px|Vista do interior do templo.]]
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-06.JPG|miniatura|250px|Pinturas da bóveda (lado norte).]]
Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente desaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como ''cripta'' o templo orixinal.
 
As pinturas da bóveda son un dos elementos máis característicos do templo e constitúen un conxunto mural único na península. Representan diversas aves encadradas nun fondo cuadriculado con motivos vexetais estilizados. Entre a aves representadas están [[faisán]]s, [[perdiz|perdices]], [[pomba]]s, [[galiña|galogalos]]s e [[ganso]]s, nalgún caso comendo piñas ou acios de uvas.
 
No fondo da nave ábrese a [[ábsida]], na que se ve unha porta, construída posteriormente ó templo, pola que se ascendía á planta alta. Nas paredes laterais da nave ábrense dúas [[fornela]]s e, na parede frontal, a ámbolos lados da porta, ábrense dúas pequenas ventás con arcos de descarga triangulares.
</Gallery>
 
== Evolución histórica ==
Nas obras de restauración levadas a cabo a finais dos anos oitenta realizouse unha lectura estratigráfica de alzados que permitiu establecer cinco fases construtivas, nun estudo aínda sen rematar.
 
Nunha '''segunda fase''' dividiuse a aula en tres naves mediante dúas arcadas feitas con arcos de medio punto de ladrillo; desta división, hoxe só se conservan as ménsulas que sostiñan aqueles arcos. As columnas destas arcadas obrigaron a cega-la piscina ou, máis probablemente, a reduci-las súas dimensións ás actuais. Desta época sería o friso de mármore nas paredes, o revocado da bóveda e as pinturas que cubrían esta, así como modificacións na fachada, entre elas a construción do arco de ferradura no acceso leste.
 
Hoxe consérvanse tres destas [[Columna (arquitectura)|columnacolumnas]]s, de [[mármore]] e moi erosionadas, cuxa colocación actual non corresponde, probablemente, coa orixinal. De feito, as fotografías que se mencionaron antes, feitas durante os primeiros traballos de desentullo, mostran dúas destas columnas nos niveis máis altos da acumulación de material de recheo.
 
A '''terceira fase''' consistiría na construción da segunda planta, tamén con bóveda de canón e feita de ladrillo.<ref>Ladrillos romanos reutilizados.</ref> Probablemente, esta segunda planta abríase ó exterior polo lado oeste -situado ó nivel do terreo- e descoñécese se comunicaba coa nave inferior ou non.
Finalmente, nunha '''quinta fase''' inclúense tódalas reformas contemporáneas, realizadas desde [[1929]], tralo redescubrimento do templo. Entre estas últimas reformas podemos destaca-la construción nos anos setenta dun muro perimetral, por Antonio González Trigo, para illa-lo templo das filtracións procedentes do terreo circundante, obra que incluía un sistema de canalizacións da auga para drena-la piscina, na crenza de que a humidade procedente desas augas de filtración era a responsable da perda das pinturas.
 
== Hipóteses de uso ==
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-22.JPG|miniatura|250px|Relevo na fachada.]]
 
Desde as primeiras escavacións houbo diferentes teorías sobre a orixe e funcionalidade do templo. Estas teorías baseábanse sobre os diferentes elementos que se ían atopando, por veces cronoloxicamente discrepantes, e ningunha delas ten, polo de agora, o acordo dos arqueólogos e historiadores. Para os distintos autores foi templo pagán destinado ós deuses [[Mitra (mitoloxía)|Mitra]] ou [[Cibeles]], templo romano, tumba de [[Prisciliano]], santuario para a curación de tolleitos e enfermos, ou mesmo templo visigodo. Outro posible uso pode se-lo funerario, que se deduce do achado dunha estela funeraria reutilizada como chanzo da escaleira que accedía desde a planta superior. Posiblemente, a realidade reúna varios destes usos ó longo dos séculos ata o seu abandono definitivo que explica a perda da súa memoria.
 
=== Taurobolium mitraico ===
Unha das teorías propostas, sobre a presenza desa piscina central, é a de que fose un templo romano dedicado ó deus Mitra, culto introducido polos soldados romanos en Galicia e, de feito, en Lugo atopouse unha ara votiva a Mitra dos tempos do emperador [[Caracalla]] (211-217). Sábese que o culto a esta deusa incluía un bautismo dos fieis mediante o sangue dun [[vaca|boi]] sacrificado polos sacerdotes na planta alta. O sangue caería sobre os fieis, colocados na piscina, a través dunha reixa no piso desta planta superior.
 
Trala morte do boi, os sacerdotes extraían as vísceras do animal e os seus órganos sexuais e baixaban á planta baixa, na que os colocaban nunhas fornelas que existen nas paredes laterais da nave.
 
=== Templo de Cibeles ===
Unha teoría proposta por Carlos Sánchez-Montaña defende a tese de que se trataba dun templo dedicado á deusa [[Cibeles]]. Baséase na presenza das aves nas pinturas e, especialmente, da representada nun dos relevos exteriores que se quere identificar cunha [[avestruz]], como personificación zoomórfica da deusa. Tamén se relaciona con Cibeles outro relevo representando un león, tamén símbolo da deusa. A maiores, recuperáronse nas obras de escavación tres ménsulas ou [[canzorro]]s -que se conservan no inmediato centro de atención ós visitantes- que representan un león, un tambor e uns motivos florais que tamén simbolizarían a deusa.
 
== Notas ==
{{listaref|1}}
 
== Véxase tamén ==
{{commonscat}}
=== Bibliografía ===
* MONTENEGRO RÚA, Enrique Jorge: "''[http://www.boveda.org/libro/libBvd2005ejMR.pdf El descubrimiento y las actuaciones arqueológicas en Santa Eulalia de Bóveda (Lugo)]''", [[Lugo|Concello de Lugo]], [[2005]], 128 páx. {{es}}.
* MONTERO RÚA, Enrique Jorge: "''[http://www.boveda.org/bibliografia/croa16_boveda.pdf Santa Eulalia de Bóveda: dos aniversarios y un cumpleaños...]''", Revista ''Croa'', [[2006]], páx. 43-65 {{es}}.
* ARMADA PITA, Xosé Lois: "[http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=625733 ''El culto a Santa Eulalia y la cristianización de "Gallaecia", Algunos testimonios arqueológicos'']", [[2003]], ISSN 0210-7694 {{es}}.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.boveda.org/ Boveda.org]
* [http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?ctre=122&crec=3125&cidi=G Ficha do monumento], na páxina de Turgalicia.
 
{{Monumentos de Lugo}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]
393.002

edicións