Mosteiro de San Clodio de Leiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 5:
'''San Clodio''' é un [[mosteiro]] [[Idade Media|medieval]] situado na [[Parroquia eclesiástica galega|parroquia]] de [[San Clodio, Leiro|San Clodio]], no concello de [[Leiro]] ([[Comarca do Ribeiro]]). En [[1931]] foi declarado [[Monumento Histórico Nacional]].
 
== Historia ==
As súas orixes posiblemente se remonten ao [[século VI]], cara ao ano [[554]] (segundo recolle o '''padre Yepes''' na súa ''Crónica'' da orde de [[Bieito de Nursia|San Bieito]]), relacionándose cos feitos ocorridos durante a persecución [[arianismo|ariana]] en tempos de [[Requila]], concretamente o martirio e morte do abade de [[San Claudio de León]] e varios monxes. O resto da comunidade fuxiu e buscou refuxio no val do [[río Avia]], onde fundaron un novo mosteiro. Aínda todo isto, á vista das fontes, resulta difícil manter a existencia dunha fundación anterior ao [[século X]].
 
Liña 17:
Coa [[desamortización]] destinouse a [[cuartel]] da [[Milicia Nacional]], sendo na práctica abandonado. A vida monacal reanudouse en [[1891]] por parte de monxes beneditinos ata a súa conversión actual en hotel de luxo<ref>[http://www.proxectoarga.com/Architecture/Building/50 Hotel Monumento Monasterio de San Clodio] en Proxecto ARGA: Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia.</ref>.
 
== Descrición ==
No mosteiro non fican restos anteriores ao [[século XVI]], en que foi totalmente reconstruído, a excepción da fachada da igrexa primitiva, que é unha das únicas tres cistercienses que se conservan en Galiza (as outras son as da [[Mosteiro da Armenteira|Armenteira]] e [[Mosteiro de Meira|Meira]]), e as [[trabe]]s [[románica]]s.
 
Liña 26:
[[Ficheiro:Ventá saetera da absida San Clodio.JPG|miniatura|200px|esquerda|Seteira románica da absida do templo. Capiteis con animais e motivos vexetais.]]
 
=== Igrexa ===
A Igrexa é unha das poucas igrexas conservadas do [[Orde do Císter|Císter]]. Construída entre [[1220]] a [[1250]], é de [[planta basilical]], de tres naves de catro tramos cada unha e cun [[cruceiro (arquitectura)|cruceiro]] que non se marca nin en planta nin en alzado, e cabeceira composta por tres [[ábsida]]s escalonadas semicirculares, das cales a central está máis destacada.
 
Liña 37:
A fachada do [[século XIII]] presenta tres rúas separadas mediante [[contraforte]]s, e en dous corpos mediante unha sinxela [[imposta]], e tres arquivoltas aboceladas e un arco escarzano do [[século XVI]] sobre o que pende a moldura dun antigo [[rosetón]] (hoxe transformada en ventá rectangular) e outros dous nas naves laterais, transformados en óculos sen trazaría. O conxunto remata no suroeste cunha torre rectangular dun só piso.
 
=== Os claustros ===
[[Ficheiro:San Clodio de Leiro.Mosteiro.Galicia 1.jpg|miniatura|200px|dereita|Claustro reglar ou procesional.]]
[[Ficheiro:San Clodio de Leiro.Mosteiro.Galicia 2.jpg||miniatura|200px|dereita|Claustro reglar ou procesional, planta baixa detalle das bóvedas de cruceria.]]
[[Ficheiro:Claustro domestico San Clodio.jpg|miniatura|200px|esquerda|Claustro oriental ou doméstico.]]
 
Conserva dous [[claustro]]s, o '''occidental''' mestura dos estilos gótico e clasicista, e o '''oriental''' de claro estilo [[renacemento|renacentista]], obra da escola de [[Rodrigo Gil de Hontañón]].
 
Ao '''occidental''' ou procesional chégase a través dun vestíbulo, á esquerda do cal se abre a actual recepción do hotel. É de planta cadrada, con vinte e oito arcos de medio punto e bóveda de crucería de estrela, de nervios profusamente moldurados, con claves colgantes. O piso superior mostra similares arcos de medio punto sobre impostas lisas con ventá rectangular e un óculo ovalado. Construíuno no [[século XVII]] o mestre [[Pedro de la Sierra]], discípulo de [[Simón Monasterio]]. Adórnase cun [[camelio]], un [[adelfo]] e un [[reloxo de sol]].
Liña 48:
O '''oriental''' ou doméstico estrutúrase nun primeiro piso con trinta e dous arcos de medio punto sobre esveltas columnas, ás veces con medallóns nas enxutas, e un segundo piso as máis das veces con linteis sobre zapatas apoiadas en columnas.
 
=== A fachada ===
Na fachada renacentista do mosteiro sitúanse tres escudos na parte superior do balcón: o escudo da Abadía, o de España, coa aguia bicéfala, e o da [[Congregación cisterciense de Castela]] á que pertencía o mosteiro cando se construíu a fachada.
 
== Situación actual ==
Na actualidade atópase completamente restaurado e alberga un hotel monumento de catro estrelas, sendo visitables gran parte das súas estancias. A restauración foi financiada pola [[Xunta de Galicia]] nas súas tres cuartas partes e pola cadea hoteleira Hotusa, que ofrece 25 cuartos e diversas salas. Ademais, estanse a recuperar as [[vide]]s e terras do seu redor.
 
Os claustros pódense visitar practicamente todo o día; a igrexa abre os domingos para a [[misa]], ainda que se pode visitar se se solicita na recepción.
 
== Curiosidade ==
Dise que este mosteiro é o berce do [[viño do Ribeiro]]. Foi no [[século XII]] e [[século XIII|XIII]] cando se repoboou a zona e roturaron as terras e se plantaron as vides, actividades estas recollida no Testamento do '''Abade Pelagio''' no ano [[1158]].
 
Liña 62:
{{Listaref}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Mosteiro]]
* [[Mosteiros e conventos de Galicia]]
* [[Orde do Císter]]
 
=== Bibliografía ===
* Lucas Álvarez, Manuel; Lucas Domínguez, Pedro (1996): ''El monasterio de San Clodio do Ribeiro en la edad media: estudio y documentos''. Galicia Medieval: Fontes. [[Edicións do Castro]].
* Goy Diz, Ana (2005): ''O Mosteiro de San Clodio de Leiro''. Guías do patrimonio cultural. Fundación Caixa Galicia.
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://historiadegalicia.fiestras.com/servlet/ContentServer?pagename=R&c=Articulo&cid=1068320564659&pubid=1022580395904 Páxina sobre o Mosteiro en Historiadegalicia.fiestras.com]
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Mosteiros e conventos da provincia de Ourense|Leiro]]