Reino Unido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Liña 116:
 
=== Clima ===
O clima do Reino Unido é [[clima oceánico|oceánico]],<ref>[http://www.metoffice.gov.uk/climate/uk/ UK climate summaries]</ref> templadotemperado con verán suave ([[clasificación climática de Köppen]]: ''Cfb''), invernos frescos e abundantes [[precipitación (meteoroloxía)|precipitacións]] durante todo o ano. Os principais factores que influencian o clima do país son a súa latitude setentrional (que vai dende os 50º [[Norte|N]] até os 60º [[Norte|N]]), a súa situación no [[océano Atlántico]] e as altas temperaturas das augas ao seu ao redor debido á [[corrente do Golfo]]. Aínda que o tempo pode trocar notablemente dun día para o outro, a súa oscilación térmica ao longo do ano é relativamente escasa. O punto de converxencia entre as correntes de aire cálido procedente do [[trópico]] e as correntes de aire frío do [[Polo Norte]] sitúase sobre o Reino Unido. Esta variación da temperatura da atmosfera crea inestabilidade, sendo este o principal factor que determina que o tempo sexa tan cambiante.
 
Os climas rexionais do Reino Unido están influenciados polo océano e pola súa latitude. Irlanda do Norte, Gales e a parte oeste de Inglaterra e Escocia, máis próximos ao Atlántico, son xeralmente rexións máis mornas, húmidas e ventosas, sendo os rangos de temperaturas xeralmente máis extremos. A zona oriental adoita ser máis seca, fresca e menos ventosas, aínda que tamén experimeta maiores variacións diarias e estacionais de temperatura. A zona norte é xeralmente máis fresca, húmida e cun menor rango de temperaturas que as do sur.