Dublín: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 211:
 
== Clima ==
Dublin posúe un clima temperado marítimo, caracterizado por [[inverno]]s suaves e [[verán]]s frescos, sen temperaturas extremas. Con todo, contrariamente á crenza popular, Dublin non ten unha pluviosidade moderada, recibindo a metade das precipitacións que se recollen no Oeste de [[Irlanda]]. A capital irlandesa ten menos diasdías de choiva de media que [[Londres]]. As temperaturas máximas oscilan entre os 7.6 °C de media en [[xaneiro]] e os 18.9 °C de media en [[xullo]] e as mínimas entre os 2.5 °C de media nos meses de [[xaneiro]] e [[febreiro]] e os 11.4 °C de media no mes de [[xullo]]. Nos últimos anos superáronse as temperaturas medias históricas, por exemplo os 31 °C en [[xullo]] do [[2006]], 12 °C máis elevada que a máxima temperatura de media rexistrada historicamente. Os meses máis fríos adoitan ser [[xaneiro]], [[febreiro]] e [[marzo]], se ben o inverno do [[2009]]-[[2010]] foi o máis frío dende [[1963]], rexistrando unha temperatura mínima histórica de -12.4 °C no Aeródromo de Casement. Os meses con máis días soleados de media son [[maio]] e [[xuño]].
 
O mes máis húmido de media é [[decembro]], co, 76 mm de choiva, mentres que o mes máis seco é [[febreiro]], con 50 mm. A precipitación total media anual (e outras formas de precipitación) é 732,7 mm, inferior a [[Sydney]], [[Nova York]] e mesmo [[Dallas]]. Debido a estar situada nunha latitude [[norte]], Dublín ten preto de 19 horas de luz no verán, e nove horas no inverno.Os ventos fortes achegados polas borrascas atlánticas poden afectar á capital irlandesa, mais xeralmente con menor intensidade que noutras partes de Irlanda. Os ventos mais fortes son máis frecuentes durante os meses de inverno, podéndose rexistrar en calquera momento, especialmente entre [[outubro]] e [[febreiro]]. Durante un dos últimos temporais rexistráronse ventos de ata 151 km/h no Aeródromo de Casement o [[24 de decembro]] de [[1997]].