Ove Høegh-Guldberg: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 2:
'''Ove Høegh-Guldberg''' ([[1 de setembro]] de [[1731]] - [[7 de febreiro]] de [[1808]]), foi un home de estado e teólogo [[Dinamarca|dinamarqués]], primeiro ministro ''de facto'' (1772-1784).
 
Seu pai era enterrador en [[Horsens]] ([[Xutlandia]]), coa axuda dun tío materno, que era pastor, conseguiu estudar teoloxía, tras rematar en 1754 foi profesor na Academia de [[Sorø]]. En 1764 entrou ó servizo da raíña [[Xiana María de Braunschweig-Wolfenbüttel]] como profesor do seu fillo, o príncipe herdeiro [[Federico de Dinamarca e Noruega|Federico]], para o que escribiu obras que lle servisen de libros de texto como ''Den naturlige religion som en indledning til den åbenbarede'' (1765). En 1771 publicou ''Azan, eller den fra Gield udfriede Fyrste'', onde describe o seu modelo de Estado ideal, estritamente autoritario e conservador á vez que humanista, o Estado debería estar omnipresente na vida dos cidadáns. Desde 1771 foi tamén secretario do gabinete real, oposto ó goberno do home forte do país, o alemán [[Johann Friedrich Struensee]] foi un dos líderes do golpe de estado que o depuxo en 1772, Guldberg converteuse no novo home forte do goberno, aínda que non creou un gabinete ministerial formal ata pouco antes da súa caída e formalmente obstentou desde 1776 o título de primeiro secretario. En 1777 foi ennobrecido como Høegh-Guldberg. O seu goberno caracterizouse pola paz e as boas condicións financeiras. Como estado neutrall, Dinamarca, gozou de importantes beneficios mercantís durante a [[Guerra de Independencia dos Estados Unidos]] e avanzouse na dinamarquización do Estado, en 1773 estableceuse o dinamarqués como a lingua do exército substituíndo ó alemán e en 1776 promulgouse a lei de cidadanía, que excluía os estranxeiros dos cargos públicos da monarquía. En 1777 redactou con [[Ludvig Harboe]] un libro de salmos para a Igrexa Luterana.
 
En abril de 1784 o príncipe herdeiro [[Federico VI de Dinamarcca|Federico]] tomou o poder como rexente e forzou o cese de Guldberg. Permaneceu como prefecto ata 1802
 
== Bibliografía ==
* ''Dansk Biografisk Leksikon'', vol. 7, 1981.
* ''Politikens Danmarkshistorie'', vol. 9, by Sven Cedergreen Bech, 1965.
* ''Politikens Danmarkshistorie'', vol. 10, by Jens Vibæk, 1964.
 
 
{{ORDENAR:Guldberg, Ove Hoegh}}
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Primeiros ministros de Dinamarca]]
[[Categoría:Teólogos luteranos]]