Sadurniño de Tolosa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 3:
'''Sadurniño de Tolosa''', finado en [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) no [[257]], foi un misioneiro [[Roma Antiga|romano]] que predicou nas [[Galia]]s, os [[Pireneos]] e a [[península Ibérica]]. Foi o primeiro [[bispo]] de [[Tolosa, Francia|Tolosa]], onde foi [[mártir|martirizado]] polos pagáns segundo as ''Actas de Surio'', aínda que outras testemuñas, coñecidas como as ''Actas de San Sadurniño'' sitúano no [[século I]].
 
== Traxectoria ==
A súa vida baséase en fontes tardías, como a ''Passio Saturnini'' do [[século V]], que a presentan repleta de lendas e feitos inverosímiles. Así, as actas antigas que utiliza [[Gregorio de Tours]] na súa obra, considérano orixinario de [[Patras]] ([[Grecia]]) e sitúano moito antes, no [[século I]], como discípulo directo de [[Xesús de Nazaret|Xesús]] en [[Galilea]] e acompañante de [[Pedro, papa|San Pedro]] a [[Antioquía]] e [[Roma]].
 
Liña 10:
En [[Tolosa, Francia|Tolosa]] xa había algúns cristiáns e conseguiu converter uns poucos máis. Tamén construíu un pequeno templo onde cada día celebraba misa. Para chegar a este templo pasaba por diante do capitolio da cidade, onde había un templo pagán. Parece que houbo confrontacións entre Sadurniño e os sacerdotes pagáns, que o obrigaron a facer un sacrificio aos deuses, cousa que se negou a facer, polo cal foi encarcerado e condenado a morte: foi ligado a un touro bravo que o arrastrou polas rúas ata a morte.
 
=== Lenda de Pamplona ===
Sen fundamento histórico, atribúese a Sadurniño o baptismo de [[Honesto de Nimes|Honesto]], a quen coñecería a comezos do súa predicación, en [[Nimes]]. Xuntos, continuaron a viaxe; en [[Carcasona]], o prefecto romano encarcerounos pero un anxo liberounos. Honesto continuou ata [[Pamplona]], desde onde chamou a Sadurniño. Cando chegou, converteron o senador romano Firme e a súa esposa, entre outros cidadáns. O fillo do senador, [[Fermín de Amiens|Fermín]], sería despois o bispo de [[Amiens]] e canonizado sería [[Fermín de Amiens|San Fermín]]. Honesto foi martirizado na cidade e Sadurniño, con quen será o seu sucesor, Hilario, marchou cara ao norte, ata chegar a [[Tolosa, Francia|Tolosa]].
 
É posible que a lenda se crease para xustificar que San Sadurniño sexa o patrón da cidade, ademais de relacionalo tamén coa historia de [[Fermín de Amiens|San Fermín]].
 
== Veneración ==
A súa festa celébrase o [[29 de novembro]]. É patrón de [[Pamplona]], [[Tolosa, Francia|Tolosa]] ([[Francia]]) e [[Cagliari]] ([[Italia]]), ademais doutras localidades españolas como [[Artajona]] ([[Navarra]]), [[Sant Sadurní d'Anoia]] ([[Provincia de Barcelona|Barcelona]]) ou [[Sant Sadurní d'Osormort]] ([[Provincia de Barcelona|Barcelona]]).
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Santos (Catolicismo)]]