Diagonal Mar i el Front Marítim del Poblenou: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
KLBot2 (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:Q2736444
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 7:
O barrio naceu durante o final da década de 1960 e principios da de 1970, coa construción dos primeiros bloques de vivendas onde antes había cultivos e masías. Máis tarde, con motivo do [[Fórum Universal das Culturas 2004]] celebrado na cidade, o concello de [[Barcelona]], xunto con varias promotoras inmobiliarias, deu un xiro ao barrio creando un centro comercial, un gran parque e moitos edificios de alto standing, mellorando o aspecto e a vida do barrio, e gañando, ademais, unha gran zona para a cidade, xa que o barrio estendeuse nos antigos terreos da fábrica MACOSA ou Can Girona.
 
Neste barrio atopamos o parque de Diagonal Mar, un dos máis grandes de [[Barcelona]] con 14 hectáreas, obra de [[Enric Miralles]]. Tamén hai diferentes servizos, como o [[Centro de Convencións Internacional de Barcelona]], ademais de hoteis, edificios de residencias, e o centro comercial de Diagonal Mar. Tamén hai un centro de atención primaria e diferentes centros educativos.
 
Diagonal Mar está ben comunicado, xa que está ao lado da rolda[[ronda Litoral]] e da avenida[[avinguda Diagonal]], dúas das arterias máis importantes da cidade. Ademais ten dúas estacións de [[Metro de Barcelona|metro]] (Selva de Mar e Maresme-Fòrum) e de tranvía (Selva de Mar, Maresme e Fòrum) e varios autobuses.
 
== Véxase tamén ==