Ludvig Harboe: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Liña 5:
Cando fixo 18 anos anos, seus pais enviárono a estudar a un instituto de [[Hamburgo]], posteriormente estudou nas universidades de [[Rostock]], [[Wittenberg]] e [[Jena]]. En 1732 volveu a Dinamarca para completar os seus estudos de teoloxía en [[Broager]] e en 1735 estableceuse en [[Copenhaguen]].
 
En 1738 escribiu conxuntamente con [[Jacob Langebek]] a ''Dänische Bibliotek oder Sammlung von alten und neuen gelehrten Sachen aus Dännemark''. En 1738 foi nomeado capelán alemán da Igrexa Garnisons de Copenhaguen. Entre 1741 e 1745 foi visitador en [[Islandia]] da Generalkirkeinspektionskollegietpå coa misión de coñecer de primeira man as posibilidades de introducir alí a [[confirmación]] e o catecismo de [[Erik Pontoppidan]], de carácter pietista.
 
== Bispo ==
En 1743, mentres aínda estaba en Islandia, recibiu o nomeamento como [[diocese de Nidaros|bispo]] de [[Trondheim]], aínda que non se estableceu na diocese ata 1746. Nos dous anos que durou a súa pastoral procurou reformar a diocese nun senso pietista pero atopou a oposición de boa parte da poboación e o clero. En 1748 volveu a Dinamarca, casou con Frederikke Louise Hersleb, filla do bispo de [[Selandia]] [[Peder Hersleb]] do que Harboe era axudante e en 1757, á súa morte, converteuse no novo bispo.
 
En 1777 Harboe e [[Ove Høegh-Guldberg]] recibiron o encargo de redactar un novo [[libro de salmos]], aprobado en 1778 que é único porque máis dunha terceira parte débese a unha muller, [[Birgitte Cathrine Boye]].
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:bisposBispos luteranos]]
[[Categoría:personalidadesPersonalidades da historiografía]]
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Jena]]
[[Categoría:Personalidades do protestantismo de Dinamarca]]