Cambados, Cambados: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - Trocar {{AP}} por {{Artigo principal}}; cambios estética
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Patrimonio: lig. int
Liña 13:
 
== Patrimonio ==
A parroquia de Santa Mariña toma nome da [[Igrexa de Santa Mariña Dozo]], construción [[románico|románica]] tardía do século XII, parcialmente derruída tras un incendio no século XIX, da que se conservan os impoñentes arcos de pedra e a torre almeada. Esta igrexa está ó pé do Monte da Pastora, que alberga unha pequena ermida e un miradoiro con vistas sobre a [[ría de Arousa]] e o casco urbano de Cambados.
 
Perfectamente visible dende o miradoiro atópase a [[torre de San Sadurniño]], construción pertencente ó complexo defensivo de Compostela xunto coa [[torre da Lanzada]] e as [[torres do Oeste]] ([[Catoira]]). Esta torre está edificada nun illote ó pé do barrio de San Tomé e atópase parcialmente derruída, mantendo en pé dous dos muros perimetrais que configuran unha esquina. O illote é accesible a pé mediante unha ponte de recente construción.