Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

mudo algúns exemplos por outros máis próximos
(mudo algúns exemplos por outros máis próximos)
 
===Medios de comunicación===
As fontes de novas adoitan incluír tanto contido baseado en feitos coma contido de opinión. A difusión de novas por parte de medios de comunicación ben establecidos considérase xeralmente unha fonte fiable para afirmacións sobre feitos concretos, aínda que, en ocasións, incluso os medios de máis reputación poden difundir información errada. A difusión de novas por parte de medios menos establecidos considérase xeralmente menos fiable para afirmacións sobre feitos concretos. Moitos xornais inclúen tamén artigos proporcionados por [[axencia de novas|axencias de novas]] coma [[BBC News]], [[Reuters]], [[AgenceAgencia France-PresseEFE]] ou [[AssociatedEuropa Press]], que son os responsables neses casos da veracidade da información. A axencia de novas responsable do artigo fonte debe engadirse sempre nas citacións, a maiores do xornal que publique a información.
 
Os comentarios editoriais, análises e pezas de opinión, escritas polos editores da publicación ou autores externos, son fontes primarias fiables para afirmacións atribuídas ao propio editor ou autor, pero case nunca son fiables para referenciar afirmacións sobre feitos concretos.
194.709

edicións