Cinc: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m Bot: Substitución automática de texto (-mistura +mestura)
Liña 111:
As aliaxes de cinc téñense utilizado durante séculos - pezas de [[latón]] datadas de 1000-1400 a.C. foron encontrados na Palestina, e outros obxectos com até 87% de cinc foron achados na antiga rexión da Transilvania - debido ao seu baixo punto de fusión e reactividade química o metal tende a evaporarse, motivo polo cal a verdadeira natureza do cinc non foi comprendida polos antigos.
 
Sábese que a fabricación do latón era coñecida polos romanos desde [[-30]]. [[Plinio o Vello|Plinio]] e [[Dioscórides]] describen a obtención de ''aurichalcum'' (lató ) polo quecemento dunha misturamestura de ''cadmio'' (calamina) con [[cobre]]. O latón obtido é posteriormente fundido ou forxado para fabricar obxectos.
 
A fusión e extracción de cinc impuro xa era efectuada no ano 1.000 na India - na obra ''[[Rasarnava]]'' (c. 1200) de autor descoñecido o procedemento foi descrito - e posteriormente na China. En [[1597]] [[Andreas Libavius]] describe unha '' peculiar clase de estaño '' que fora preparada na India que recibira en pequenas cantidades a través dun amigo ; deduciu que se trataba do cinc mesmo non chegando a recoñecelo como o metal procedente da calamina.