Copépodos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
mSen resumo de edición
Liña 28:
 
== Descrición ==
Dentro da enorme variedade morfolóxica lóxica nun grupo zoolóxico tan amplo (hai descritas máis de 10.000 especies), presentan un corpo alongado, extremo caudal bifurcado, cinco pares de patas torácicas e carecen do caparazóncoiraza durodura propiopropia dos crustáceos máis coñecidos.
 
O tronco está composto polo tórax e o abdome. O extremo anterior é redondeado ou terminado en punta. Presentan un único ollo, ollo nauplio, en posición media, característica típica e conspicua da maioría dos copépodos. Tamén son conspicuas as primeiras antenas unirrámeas (non divididas), que son xeralmente longas e están estendidas en ángulo recto respecto ó eixo lonxitudinal do corpo.
Liña 59:
O [[fitoplancto]] constitúe a parte principal da dieta da maioría das especies, pero algunhas dependen tamén en gran maneira das partículas de detritos. Non tódolos copépodos planctónicos son herbívoros de alimentación suspensívora; algúns son omnívoros, e outros estritamente depredadores. Algunhas especies de ''Anomalocera'' y de ''Pareuchaeta'', chegan mesmo a capturar peixes pequenos.
 
Sábese que as especies de ''Tisbe'', harpacticoideos planctónicos epibentónicos, agrúpanse sobre un peixe pequeno e comen as súas aletas, inmovilizándoo, para logo devora-lo corpo a medida que cae cara o fondo. Algunhas especies dulciacuícolas de ''Cyclopidae'' son herbívoras, outras son carnívoras. Os membros do xénero ''CylopsCyclops'' son predadores, como son os doutros xéneros dos ciclopoideos.
 
== Estrutura interna ==