Diferenzas entre revisións de «Universo»

m
sen resumo de edición
m (correción ortográfica)
m
O traballo conxunto de varios astrónomos permitiu por fin a Laplace integrar os percorridos dos corpos que forman o sistema solar segundo o modelo gravitacional de Newton. Este traballo constituíu o tratado de ''Mecánica celeste'', que se publicou en 1789. Nel, Laplace formulou a [[teoría nebular]], segundo a cal o Sol e os seus planetas teríanse orixinado a partir dunha nube de partículas ([[nebulosa]]) que, ao xirar, se contraería e elevaría a súa temperatura; durante o xiro, desprenderíanse fragmentos de materia que, retidos pola forza da gravidade, comezarían a orbitar ao redor da nube central, precursora do Sol, como precursores dos planetas serían estes fragmentos.
 
Por estas épocas, o astrónomo inglés [[William Herschel]] (1738-1822) descubriu o planeta [[Urano]], que parecía estar influído por outro astro, aínda descoñecido. Este astro era o planeta [[Neptuno]], que [[Urbain Le Verrier]] (1811-1877) descubriría en 1846. Do mesmo xeito, os problemas adicionais suscitados polo percorrido deste planeta resolveunos o norteamericano [[Percival Lowell]] (1855-1916) que, en 1915, entreviu a existencia de [[Plutón]]; este último planeta (que non derradeiro) non veu confirmada a súa existencia até 1930, aínda que non se puido observar atéata 1950.
 
A principios do século XX, o tamén norteamericano [[Edwin Hubble]] (1889-1953) considerou que o sistema solar estaba integrado nunha grande acumulación de estrelas, é dicir, nunha ''[[galaxia]]'', a [[Vía Láctea]] que, a súa vez, é unha pequena parte do universo, que estaría constituído por millóns de galaxias. O coñecemento humano dos corpos celestes non deixou de ampliarse, e levou ao descubrimento de novas entidades como os [[quásar]]es ou os [[Burato negro|buratos negros]].