Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

{{AP|Wikipedia:Verificabilidade#Fontes que xeralmente non son fiables}}
===Fontes cuestionables===
As fontes cuestionables son aquelas cunha pobre reputación na comprobación de feitos, ou sen control editorial. Ditas fontes inclúen páxinas web e publicacións que expresan puntos de vistasvista amplamente recoñecidos coma extremistas, que son promocionais por natureza, ou que dependen en gran medida de rumores e opinións persoais. As fontes cuestionables non son axeitadas para citar afirmacións controvertidas sobre terceiras partes, incluíndo afirmacións en contra de institucións ou persoas vivas ou falecidas. O uso axeitado de fontes cuestionables é moi limitado/inexistente.
 
===Fontes auto publicadas (en liña e papel)===
Calquera pode crear unha [[páxina web]] persoal ou auto publicar o seu propio libro, e afirmar ser un experto nun campo determinado. Por este motivo, a maioría de auto publicacións adoitan non ser fontes fiables xeralmente, xa sexan libros auto publicados, páxinas web persoais, [[wiki]]s abertas, blogs, páxinas persoais en [[rede social|redes sociais]], foros ou [[Twitter|tweets]].
97.999

edicións