Wikipedia:Fontes fiables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Algúns tipos de fontes: arranxiños e ligazón
Elisardojm (conversa | contribucións)
Liña 49:
Os comentarios editoriais, análises e pezas de opinión, escritas polos editores da publicación ou autores externos, son fontes primarias fiables para afirmacións atribuídas ao propio editor ou autor, pero case nunca son fiables para referenciar afirmacións sobre feitos concretos.
 
* Ao tomar información dunha peza de opinión, a identidade do autor pode axudar a determinar a súa fiabilidade. As opinións de especialistas e expertos recoñecidos tenteñen máis probabilidades de ser fiablefiables e de reflectir un punto de vista significativo. Non obstante, teña en conta que as afirmacións excepcionais requiren así mesmo fontes excepcionais que as validen. As opinións dos autores deben indicarse claramente como tal, e non como feitos. As críticas e revisións de libros, filmes, arte etc. poden conter tanto opinións coma resumos e pezas académicas.<ref name="Princeton">{{Cita web|url=http://wordnetweb.princeton.edu/perl/webwn?s=book%20review|título=Book reviews|editorial=Princeton|ano=2011|autor=Princeton|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref><ref name="VirginiaTech">{{Cita web|url=http://www.lib.vt.edu/find/byformat/bookreviews.html|título=Book reviews|editorial=Virginia Polytechnic Institute and State University|ano=2011|autor=Virginia Polytechnic Institute and State University|obra=Scholarly definition document|lingua=en}}</ref>
* Para informacións sobre temas académicos, as fontes académicas e fontes non académicas de calidade considéranse xeralmente mellor que as novas dos medios de comunicacións. As novas en si poden considerarse aceptables dependendo do contexto. Os artigos que traten un tema en profundidade baixo estudos específicos, teñen xeralmente máis valor que artigos xerais que só traten o tema de forma tanxencial.
* A difusión de rumores non ten relevancia enciclopédica, aínda que en certas instancias a información verificable ''sobre'' ditos rumores si poida ser axeitada (é dicir, a indicación de que un determinado rumor acadase certa notoriedade, aínda que non sexa unha verdade probada). [[Wikipedia:O_que_a_Wikipedia_non_é#A_Wikipedia_non_fai_propaganda|A Wikipedia non é sitio]] para difundir rumores e dixomedíxomes.
* Algúns medios de comunicacións teñen empregado artigos da Wikipedia coma fonte para os seus traballos. Polo tanto, os editores deben ter coidado en evitar as [[Wikipedia:Verificabilidade#A_Wikipedia_e_as_fontes_que_a_empregan_como_referencia|referencias circulares]].
* O feito de que unha nova ''específica'' sexa fiable para un feito ou afirmación concreta nun artigo da Wikipedia debe considerarse e revisarse caso por caso.
* Algunhas novas publícanse varias veces ou transmítense entre múltiples medios de comunicacións. Isto adoita ser o caso das [[axencia de novas|axencias de información]] coma por exemplo [[Associated Press]]. As novas publicadas desta forma non deben considerarse coma múltiples fontes dun feito ou afirmación, senón unha soa fonte publicada por múltiples medios de comunicaciónscomunicación.
* Un sinal que pode indicar que un medio de comunicación fai unha comprobación de feitos efectiva e con reputación de veracidade é a publicación de correccións das súas propias novas.