Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

m
*As disertacións completas ou teses escritas, dispoñibles publicamente, poden empregarse pero con precaución, xa que moitas delas adoitan ser, totalmente ou en parte, fontes primarias. Algunhas destas terán pasado un proceso de revisión académica, de distintos niveles de rigor, pero outras non. De ser posible empregue teses que teñan sido citadas por outras fontes, supervisadas por especialistas recoñecidos no campo en cuestión, ou revisadas por terceiras partes. As disertacións que se atopen en progreso non están revisadas e non se consideran publicadas, polo que non constitúen fontes fiables por norma. Algunhas teses publícanse posteriormente en forma de monográficos académicos ou artigos revisados, e de estar dispoñibles son preferibles ás mesmas teses orixinais coma fontes.
*Pode confirmarse a validez dentro do discurso académico dunha fonte revisando as citacións académicas que teña recibido, mediante os [[índice de citacións|índices de citación]]. Coma corolario disto, as publicacións non incluídas en índices de citacións, especialmente en campos ben cubertos por ditos índices, deben empregarse con precaución, sempre dependendo do contexto particular.
*Os estudios illados considéranse xeralmente tentativos e poden variar tras posterior investigación académica. Se o estudio illado é unha fonte primaria, non debería empregarse se existen fontes secundarias que traten o mesmo contido. A fiabilidade dun estudio individual depende do propio campo de estudio. Os estudios en campos complexos, coma por exemplo a [[medicina]], adoitan ser menos definitivos e deberían evitarse na medida do posible. As fontes secundarias, coma [[meta-análise]]sanálises, libros publicados e artigos revisados academicamente son sempre opcións preferentes ás investigacións primarias.
*Teña precaución con publicacións de intención promocional para certos puntos de vista. Unha declaración de ter recibido revisión académica non sempre é indicación de que a publicación sexa respectada. As publicacións non revisadas polo conxunto da comunidade académica non se consideran fontes fiables, agás para amosar os puntos de vista dos grupos representados por ditas publicacións.