Diferenzas entre revisións de «Wikipedia:Fontes fiables»

m
 
==Visión xeral==
Os artigos deben basearse en fontes fiables, [[Wikipedia:Fontes independentes|independentes]], publicadas e reputadas por facer comprobación de feitos e ser veraces. Isto significa que a Wikipedia debe valerse só de opinións de autores fiables, e non da opinión de wikipedistas que interpreten unha [[fonte primaria]] por eles mesmos. Os seguintes exemplos indican só algúns dos posibles tipos de fontes fiables e problemas de fiabilidade das fontes, e non son exhaustivos. A inclusión de fontes fiables ''sempre'' depende do contexto, e o sentido común e xuízo editorial son parte indispensable do proceso.
 
===Definición de fonte===
 
===Definición de publicado/a===
O termo "publicado/a" asóciase xeralmente con materiais de texto, tanto en formato tradicional impreso coma en liña. Porén, os formatos de son, vídeo e multimedia gravados e emitidos, distribuídos ou arquivados por institucións reputadas tamén poden cumprir os criterios necesarios para seren considerados fontes fiables. AoÓ igual que as fontes textuais, as fontes multimedia deben ser producidas por unha institución fiable e deben citarse propiamente. Adicionalmente, debe existir unha copia arquivada da obra referenciada. É preferible, máismais non necesario, que dita copia arquivada sexa accesible por medio da [[Internet]].
 
===A importancia do contexto===