Abrir o menú principal

Cambios

m
→‎Traxectoria: representante
Aprendeu a tocar piano desde a súa infancia, pero a súa formación musical propiamente dita non comezou ata que cumpriu os vinte anos. No ínterim, serviu na [[Segunda Guerra Mundial]], para a [[Royal Air Force]], onde un mentor, Sidney Harrison, animouno a seguir unha carreira de música, vendo o seu gusto por ela e o seu talento. En [[1947]], cando reiniciou a súa vida civil, entrou a estudar na [[Guildhall School of Music and Drama]] piano, adoptando o oboe como segundo instrumento.
 
Nos anos 1950 foi encomendado a dirixir unha pequena subdivisión da compañía discográfica [[EMI]] en [[Inglaterra]], a [[Parlophone]]. Esta subdivisión encargábase da distribución de [[música clásica]] e gravacións cómicas (destacando sátiras a [[Wolfgang Amadeus Mozart|Mozart]] do actor [[Peter Ustinov]]) e estaba a piques de ser pechada cando [[Brian Epstein]], mánagerrepresentante dos Beatles, convenceu a Martin de que os gravase, logo de infrutuosos intentos por ser gravados entre [[1961]] e [[1962]] (a compañía discográfica [[Decca Records|Decca]] rexeitounos definitivamente). Tratábase da canción "[[Love Me Do]]", que foi un éxito local e xerou divisas para a permanencia de Parlophone, selo que a longo prazo distribuiría os sinxelos e longa duración dos Beatles.
 
O éxito da canción levou aos Beatles a gravar o seu primeiro disco de longa duración en [[1963]], ''[[Please Please Me]]''. Este álbum comezou a relación dos Beatles con Martin como productor, sendo este considerado parte esencial do éxito do cuarteto, chamado ata "o [[quinto Beatle]]".
96.740

edicións