Tomás (peixe): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Miguelferig (conversa | contribucións)
m DRAG
Liña 6:
Ten un corpo alongado e cilíndrico (sen a compresión lateral habitual na maioría dos peixes), cuberto de [[escama de peixe|escamas]] grandes. Pode medir ata 75 cm, pero o habitual é que tela uns 50-55 cm de lonxitude. Os ollos son grandes, ó que lle debe o nome popular de ''bulls-eye'' ou ''big-eye'', en [[Inglaterra]].
 
A cor é marrón escuro ou negro violáceo, iridiscente[[iridescencia|iridescente]] en vida. Tamén é negro o interior da boca (e de aí o nome galego de ''boca negra'')
 
Dúas [[aleta]]s dorsais separadas, con 7-8 radios espiñosos e 9-11 brandos. Na anal, 2 espiñas e 9 radios brandos.
Liña 21:
Os nomes de ''Tomás'' e ''boca negra'' proceden da DX de Formación Pesqueira (1999). [[Ríos Panisse]] non recolleu esta especie na costa galega, e só constatou o nome de ''Tomás'' para outro peixe diferente: a ''[[piarda]]'' ou ''pión'' (''Argentina sphyraena''), en [[Miño]], [[A Coruña]], [[Corme]] e [[Laxe]].
 
Outra fonte que recolle o nome de ''Tomás'' para un peixe foi [[Aníbal Otero]], e localízao en [[Marín]]. A descrición que dá: "''de color negruzco y de ojos grandes, que relumbra por la noche''" fainos pensar que se trate do ''Epigonus'', pola cor negra e a iridiscenciairidescencia da pel, aínda que o tamaño dos ollos é grande tanto nesta especie como na ''Argentina''.
 
== Véxase tamén ==