Liga Estudantil Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 36:
== Actividades e campañas ==
A Liga realiza actividades<ref>http://ligaestudantilgalega.info/category/actividades/</ref> moi diversas, dende charlas<ref>http://homenaxeaneiravilas.blogaliza.org/</ref> de formación e información, a actos culturais, pasando por actividades lúdicas<ref>http://xornadasdasanidadegalega.tumblr.com/</ref>. O seu traballo vai encamiñado a modificar o actual sistema de ensino, un sistema que só ten o estudantado como suxeito pasivo, unha fábrica de títulos sen a xeración de ningún outro valor. Por isto, tanto o traballo institucional como na rúa ten como fin a consecución dun modelo de ensino válido para [[Galiza]], que solucione os problemas reais do estudantado (postos de traballo no futuro, bolsas, aloxamento, transporte…), á vez que supoña un piar esencial para o desenvolvemento do País.
 
== Disolución ==
En setembro do 2015, a Liga Estudantil Galega, xunto coas organizacións estudantís con máis forza na Galiza, Agir e os Comités Abertos, inicia un proceso para acadar a unidade orgánica do estudantado nacionalista e independentista. Este proceso, baixo o nome "Asembleas de Base. Organizando o estudantado galego", pretendía amosar a vontade das 3 organizacións en construír unha organización unitaria, e desenvolvéronse asembleas abertas ao longo do país co fin de sumar xente a este proxecto. En febreiro de 2016, finalizado o proceso das Asembleas de Base, lánzase unha proceso constituínte que, o 5 de marzo, se materializa baixo o nome "ERGUER. Estudantes da Galiza". O 10 de marzo a Liga anuncia a súa disolución mostrando o seu incondicional apoio á nova organización estudantil, poñendo fin a 5 anos de loita nas rúas e nas aulas.
 
<gallery>