Comité Militar Revolucionario de Petrogrado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Extensión do modelo: Engado un pouco máis de información
Liña 4:
 
[[Ficheiro:Члены_Политцентра_РСДРП_и_ВРК_Петросовета_1917_октябрь.png|thumb|280x280px|Politburó do [[Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso|POSDR]] (esquerda.) e Voenrevkom de Petrogrado (dereita.). Outubro 1917.]]
 
==Revolución de Outubro==
{{AP|Revolución de Outubro}}
[[Ficheiro:Milrevkom proclamation.jpg|thumb|Proclamación do derrocamento do Goberno provisional polo Comité Revolucionario Militar (Voenrevkom) do [[Soviet de Petrogrado]].]]
O Comité Militar Revolucionario dirixiu as operacións de derrocamento do [[Goberno Provisional Ruso]] desde unha sala do terceiro piso do [[Instituto Smolny]]{{Harvnp|Rabinowitch|1978|p=239}} sede do [[Soviet de Petrogrado]] e onde se ía celebrar o {{xulgregdata|7|11|1917|curto=true}} o [[Revolución de Outubro#O Segundo Congreso dos Soviets e o golpe bolxevique|II Congreso dos Soviets]].{{Harvnp|Rigby|1979|p=1}} Durante as semanas anteriores ao comezo deste, o CMR lograra facerse co control da maioría das unidades militares da capital e das de [[Garda Vermella|traballadores armados]] mediante o envío de centos de comisarios.{{Harvnp|Rigby|1979|p=1}} Entre o {{xulgregdata|3|11|1917|curto=true}} e o {{xulgregdata|6|11|1917|curto=true}}, os comisarios do CMR foron substituíndo aos do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias|Comité Executivo Central Panruso]] (VTsIK), aínda dominado por [[menxevique]]s e [[Partido Social-Revolucionario|socialrevolucionarios]].{{Harvnp|Rigby|1979|p=15}} A maioría das tropas da capital pasaron así a obedecer non xa ao Goberno, senón ao CMR.{{Harvnp|Rigby|1979|p=15}}{{Harvnp|Rabinowitch|2007|p=9}} O Goberno provisional quedou desarmado pacificamente polas medidas do Comité Militar Revolucionario.{{Harvnp|Rabinowitch|2007|p=9}} Se ben ata a noite da véspera da apertura do congreso o CMR limitouse a aplicar accións que podían xustificarse como necesarias para a defensa do inminente congreso soviético, a chegada de [[Lenin]] ao [[Instituto Smolny]] cambiou o proceso e se impuxo o desexo deste de derrocar ao Goberno provisional antes da apertura do congreso.{{Harvnp|Rabinowitch|2007|p=9}} O CMR comezou a tomar os puntos estratéxicos da cidade e, tras cercar o [[Palacio de Inverno]], logrou deter ao groso do Consello de Ministros a noite do {{xulgregdata|7|11|1917|curto=true}}.{{Harvnp|Rabinowitch|2007|p=9}}
 
A dirección efectiva das operacións contra o Goberno levouna a cabo [[Nikolai Podvoiski]] secundado por [[Vladimir Antonov-Ovseenko]], supervisados por Trotski.{{Harvnp|Rigby|1979|p=18}}{{Harvnp|Rabinowitch|1978|p=237}}
 
== Extensión do modelo ==