Romaría Viquinga de Catoira: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 6:
 
== Marco histórico ==
[[Ficheiro:Torres do Oeste dende a ponte. (Catoira).jpg|dereita|thumb|240px|[[Torres de Oeste]].]]
Catoira foi dende a antigüidade un lugar estratéxico, a entrada polo mar até Compostela, polo que xa dende a [[Idade Media]] estableceuse un importante complexo militar para a defensa do sepulcro do apóstolo dos ataques principalmente [[Normandía|normandos]] e [[sarracenos]], polo que se construíron diversas torres de defensa no fondo da ría, onde desemboca o río Ulla, as chamadas [[Torres de Oeste]]. Foi o rei de Galiza [[Afonso III de Asturias|Afonso III]] o que mandou erguer no [[século IX]], ademais da [[Catedral de Santiago de Compostela|Catedral de Santiago]], a reconstrución do ‘’Castellum Honesti’’ en Catoira. O castelo convertiríase nun dos máis importantes de Europa, e deste consérvanse só, parte de dúas das grandes torres. O edificio seguiu medrando cos traballos do rei de Galiza e León, [[Afonso V o Nobre|Afonso V]], que venceu os normandos de Olaf Haraldson.
Despois de que no século XII a monarquía doase o Castelo á mitra compostelá, os bispos [[Cresconio]] e [[Diego Peláez]] continuaron a fortificar a cidadela, para a defensa de Santiago. Ademais disque no Castelo naceu [[Diego Xelmírez]], primeiro arcebispo de Santiago, xa que seu pai, o cabaleiro Xelmirio, fora alcaide da fortaleza no século XI.